Temas: TIC EDUCACIóN

Alumnado do grado en Educación Infantil crea recursos para nenos que xa superan as 13.000 visualizacións

Á iniciativa sumáronse, ademais, figuras relevantes da sociedade como a actriz María Castro, o humorista David Amor ou a cantante Fátima Pego.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2020 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

Un grupo de alumnos de terceiro do grao en Educación Infantil da USC está a crear diversos recursos educativos e lúdicos para que os máis pequenos da casa pasen estes días de confinamento.

As pezas, subidas a Youtube, impúlsanse baixo a etiqueta '#NósXogamosNaCasa', e acumulan xa centos de subscriptores e máis de 13.000 visualizacións.

Os vídeos, preto de medio centenar, están organizados a través de once listas de reprodución e versan de temáticas tan diversas como o baile, o fogar, a mímica, a pintura, a relaxación ou o ritmo, entre moitas outros.

Á iniciativa sumáronse, ademais, figuras relevantes da sociedade como a actriz María Castro, o humorista David Amor ou a cantante Fátima Pego.

educación infantil. XUNTA - Arquivo
educación infantil. XUNTA - Arquivo

Temas: TIC EDUCACIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta