Gómez-Reino apela á "responsabilidade" de BNG e PP: "Non é momento de loitas partidistas"

O deputado de Galicia en Común pide que as dúas formacións voten a favor do estado de alarma para preservar a seguridade dos cidadáns.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2020 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

O deputado de Galicia en Común Antón Gómez-Reino apelou este martes á "responsabilidade" dos grupos do Congreso, e especialmente ao BNG e PP no caso de Galicia, para que aproben a prórroga do estado de alarma. "Non é o momento de facer loita partidista", aseverou.

Nunha rolda de prensa 'en liña', o tamén secretario xeral de Podemos Galicia advertiu da "absoluta irresponsabilidade" que sería "deixar caer o estado de alarma". E é que, segundo as súas palabras, este instrumento é "a rede" na que se apoia o Goberno estatal "para desenvolver non só as medidas máis duras de confinamento", senón tamén para a desescalada e para "construír ese enorme escudo social" polo que "millóns de persoas" poden cobrar a prestación dos expedientes reguladores temporais de emprego (ERTE).

Ao seu modo de ver, tombar o estado de alarma "sería tirar por terra o enorme esforzo" feito ao longo do último mes e medio para conter a pandemia do novo coronavirus. O BNG xa anunciou que se absterá e criticia a "recentralización" do Goberno de PSOE e Unidas Podemos, mentres que Feijóo tamén coincide cos presidentes vasco e catalán en que a desescalada debe dirixirse desde as propias autonomías.

O portavoz de Galicia en Común - Anova Mareas, Antón Gómez Reino. GALICIA EN COMÚN
O portavoz de Galicia en Común - Anova Mareas, Antón Gómez Reino. GALICIA EN COMÚN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ana

Vaia vergonza esta esquerda que apoia un estado de alarma que supon a ruina económica de traballadores e empresas e beneficio para os "buitres" que van facerse co pais a precio de saldo, asi como restrinxir liberdades a cidadania. Ninguen cree xa o conto da pandemia tras escoitar discursos como o dun diputado italiano (ver video "diputado italiano sobre coronavirus") e ver videos en internet de hospitais vacios ou sanitarios bailando. Ruina económica, control social, vacunas e Novo Orde Mundial eso e o que esta detrais da falsa pandemia. ¿Dónde están as autopsias ou os test masivos en todo o pais?.