Por Galicia Confidencial | Santiago | 17/12/2012 | Actualizada ás 21:00
Adega, a maior asociación ecoloxista do país, organizou esta fin de semana a súa 37 Asemblea Xeral Ordinaria. Na reunión procedeuse a renovar a Xunta Directiva, que segue a encabezar Virxinia Rodríguez. O resto de integrantes figuran na relación incluída ao pé desta noticia.
Por outra banda, ADEGA aprobou unha serie de resolucións. Os ecoloxistas demandan á Xunta e ao restos de administracións que prohiban o "fracking", ou factura hidraulica, como acaba de facer o Goberno de Cantabria.
Nun eido máis social, ADEGA tamén reclamou ao Goberno a derrogación do 'Decreto do Plurilingüismo', o texto que reduciu a presencia do galego nas aulas e que a Xustiza acaba de considerar ilegal en dous dos seus artigos.
Por último, ADEGA solidarizouse con David Reboredo, o mozo ex-toxicómano de Vigo que está a tratar de lograr un indulto do Goberno de España. "É indigno que se teña denegado esta medida de graza a unha persoa totalmente rehabilitada e útil á sociedade como David, mentres por dúas concedeuse un indulto a torturadores convictos e banqueiros evasores", argumentan os ecoloxistas.
Velaquí a lista da nova directiva:
-Presidenta e vogal de Ríos: Virxinia Rodríguez
-Vicepresidente e vogal de Litoral: Xandro García
-Secretario Xeral e vogal de Mundialización e Pacifismo: Froilán Pallín
-Vicesecretario Xeral e vogal de Biodiversidade: Xosé Salvadores
-Tesoureiro: Xan Louzao
-Vogal da Comisión Permanente e de Protección Animal: Isabelle Kerdudo
-Vogal da Comisión Permanente e de Publicacións: Manuel Soto?
-Vogal da Comisión Permanente: Marcial Barral
-Vogal da Xunta Directiva: Xesús López Piñeiro
-Vogal da Xunta Directiva: Monserrat Lombardía
-Vogal da Xunta Directiva: Alberte Sánchez
-Vogal da Xunta Directiva: Pepa Pérez Sañudo
-Vogal da Xunta Directiva: Nes Lopes
-Vogal da Xunta Directiva: Serxio Perille
-Vogal de Afiliación: Verónica Torrijos
-Vogal de Agroecoloxía e Transxénicos: Margarida Miguéns
-Vogal de Cambio Climático: Xurxo Costoia
-Vogal de Consumo Sustentábel: Marie Lacassagne
-Vogal de Comunicación: Belén Rodríguez
-Vogal de Cooperación e Muller: Lucía Parente
-Vogal de Dereito Ambiental: Fernando de Abel
-Vogal de Educación Ambiental: Ramsés Pérez
-Vogal de Enerxía: Fins Eirexas
-Vogal de Espazos Naturais: Martiño Fiz
-Vogal de Estratexias de Comunicación: Benigno F. Salgado
-Vogal de Medio Rural e Montes: Xabier Bruña
-Vogais de Mocidade: Macías López e Sigrid Bouzón
-Vogal de Ordenación do Territorio e Urbanismo: Daniel L. Vispo
-Vogal de Patrimonio Cultural e Arqueoloxía: Manolo Miranda
-Vogal de Patrimonio Xeolóxico: Xoán Ramón Vidal-Romaní
-Vogal de Recursos Audiovisuais: Xosé Luís Blanco
-Vogal de Residuos: María Lafuente
-Vogal de Saúde Ambiental: Luis Díaz Cabanela
-Vogal de Transporte e Mobilidade: Adela Figueroa
-Vogal de Voluntariado: Paco Bañobre
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.