Atopan o cadáver "momificado" dun home que levaba 18 meses morto na súa casa de Arteixo

Unha veciña chamou á Garda Civil para alertar de que "atoparan vermes que saían por baixo da porta" da casa do finado.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2020 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

EFE | A Garda Civil localizou o corpo sen vida dun taxista de 49 anos no seu domicilio do concello coruñés de Arteixo, que se atopaba  momificado, ao levar falecido 18 meses aproximadamente, informaron este sábado a Efe fontes do instituto armado.

Garda Civil
Garda Civil | Fonte: Ministerio do Interior

O home, de orixe siria, atopábase na cama da súa vivenda, situada no lugar de Meicende, cando foi achado por unha patrulla da Garda Civil esta semana.

Segundo indica a mesma fonte, foi unha veciña a que chamou ao corpo para alertar de que desde facía un tempo saía un forte cheiro da casa e recentemente “atoparan vermes que saían por baixo da porta”.

Ademais, a Garda Civil puntualiza que o cadáver se atopaba “en estado de  momificación” e que levaba sen vida “18 meses aproximadamente”.

A patrulla entrou no domicilio coa axuda dos efectivos de Protección Civil da localidade e os Bombeiros de Arteixo. As causas da súa morte descoñécense ata obterse o resultado da autopsia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta