"Yo de capón de Villalba"

O Concello coruñés volve deturpar a toponimia oficial nunha campaña publicitaria.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 20/12/2012 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

"Yo soy de la merlucita del pincho, yo de capón de Villalba". É o lema que figura nunha nova campaña publicitaria do Concello da Coruña para promocionar as festas do Nadal.

Publicidade nunha marquesiña da Coruña
Publicidade nunha marquesiña da Coruña | Fonte: Twitter de Francisco Rei

Se hai uns días facía unha presentación con coreografía sevillana, desta volta utiliza o topónimo dunha coñecida localidade de Madrid, Villalba, para promocionar un producto que é cento por cento de Vilalba, en Lugo.

Gastos en tempo de crise

"Yo soy de merlucita del pincho, yo de capón de Villalba" é o lema da campaña "Esta Navidad nos une a todos". Unha campaña que xa foi criticada polos grupos da oposición, precisamente, polo seu custe en tempos de crise. 

O Concello coruñés gastará 72.500 na construción dun poboado do Pai Nadal en plena praza de María pita e máis de 50.000 na cabalgata de Nadal. Uns gastos aos que hai que sumar as campañas de promoción e as campañas de publicidade como esta do "capón de Villalba".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

9 juanflorez

e logo, non comen bacallau con coliflor na coruña?

1 coruñés

Acertado comentario¡¡. Aludimos ás tradicións destas datas nun anuncio publicitario nun nadal que nos une a todos, e os que imos cear coliflor con bacallau non aparecemos nos carteis. Seguramente porque é unha tradición galega e polo tanto non nos une a todos, porque hai no gallegos que no se sentirían representados y no tendrían porqué conocer esa tradición. De todos xeitos o bacallau na praza de Lugo anda polas nubes, porqué será?.

8 coruñés

Puro cosmopaletismo curuñés. Yo soy de la gaiteira, yo de la zapateira ¿?. Por outra parte as empresas de publicidade son unha boa maneira de enviarlle pasta pública ós amigos, 4 carteis insustanciais que faría un neno de 6 anos e xa está montada unha campaña de 100000 euros ou máis, que mais dá. Que beneficios aportará esta campaña?. Pois o mesmiño que repartir pulpo á feira (pulpo a la feria perdón que en londres no te entienden el gallego) en Cannary Warf a altos executivos da city, que , seica, ían vir correndo en Ryanair aproveitando as ofertas. Dos burros non agardedes máis que burradas¡¡.

7 anxinhodoceo

Que cousa tan paleta, polo amor de Deus! puro paroxismo da ridiculez!

6 Akribéstaton

A entronização da vulgaridade, propileus da apoteose da brutalidade.

5 mimadrinha

Isto e digno dos ridiculistas de tangallego, os espanhois nom sacam a caspa nem querendo.