"Yo de capón de Villalba"

O Concello coruñés volve deturpar a toponimia oficial nunha campaña publicitaria.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 20/12/2012 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

"Yo soy de la merlucita del pincho, yo de capón de Villalba". É o lema que figura nunha nova campaña publicitaria do Concello da Coruña para promocionar as festas do Nadal.

Publicidade nunha marquesiña da Coruña
Publicidade nunha marquesiña da Coruña | Fonte: Twitter de Francisco Rei

Se hai uns días facía unha presentación con coreografía sevillana, desta volta utiliza o topónimo dunha coñecida localidade de Madrid, Villalba, para promocionar un producto que é cento por cento de Vilalba, en Lugo.

Gastos en tempo de crise

"Yo soy de merlucita del pincho, yo de capón de Villalba" é o lema da campaña "Esta Navidad nos une a todos". Unha campaña que xa foi criticada polos grupos da oposición, precisamente, polo seu custe en tempos de crise. 

O Concello coruñés gastará 72.500 na construción dun poboado do Pai Nadal en plena praza de María pita e máis de 50.000 na cabalgata de Nadal. Uns gastos aos que hai que sumar as campañas de promoción e as campañas de publicidade como esta do "capón de Villalba".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

4 Roi casares

Menudo titular. Los que se equivocan con estas chorradas son los mismos que dicen Xaén y Xetafe, deturpando su nombre oficial.

1 Lenguda

Mentir!! A mín nin siquera me gusta chamarlle a Getafe, "Xetafe". Iso SÓ pasa na TVG que é o que ves ti e os da tua condición. En Galicia, os topónimos son en galego, ou non son mais ca ridiculeces.

2 O Príncipe dos Mouros

Pois moi mal. É efectivamente Xetafe, Xaén, Bos Aires, Os Ánxeles, Guadalaxara, San Xoán de Porto Rico, A Rioxa, Castela-A Mancha. A ver aprendedes a falar o galego con corrección e propiedade, trapalleiros, que sodes uns trapalleiros. En castelán o correcto e o único admisible é dicir Villalba e en galego o correcto e único admisible é dicir Xetafe, punto e acabouse. Non facedes máis que mesturalo todo por ideoloxía e por trapalladas.

3 coruñés

E desde cando traducimos a microtoponimia?. Como se dí A Gaiteira en castelán?: La Gaiteira?, e A Ronda do Outeiro de verdade que é Ronda de Outeiro en castelán. E As Xubias en castelan: Las Jubias?: Que ricas te están las joubas de las Jubias. Isto chámase deturpación, e chámase intentar borrar do mapa unha cultura para impoñer outra que non naceu nese sitio, veu de fóra e por iso non fixo os topónimos, deturpounos.

3 A Raiña das Festas

Manuel Fraga usaba o topónimo galego, correcto e legal nas súas comparecencias ante a prensa. E non teño máis que dicir.

2 O Príncipe dos Mouros

Pero que pesados! Que é lingüísticamente correcto que o castelán empregue a súa propia toponimia, aquí e na China, igual ca o galego. Bueno, neste caso é publicidade institucional. Non sei que di a lei con respecto a isto.

1 Xan ate as bolas

Pois eu coma son da maioria famenta vou a ver se me cae un dos bolos que tira ao "populacho" a empresaria viguesa Cristina de Andrés. "Para traer paz y armonia en estas fechas" dí, tal novela de Dickens. Vaia caterva de impresentables! que o franquista Negreira non me fale de capóns nin de pinchos, porque me está a dar ídeas.