Feijóo presume de camas e UCI libres mentres seguen paralizadas operacións e se atende á xente por teléfono

Afirma que "nunca tivo tanta capacidade asistencial", con 3.570 camas baleiras en hospitais e o 59% da UCI sen usar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2020 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta volveu presumir da situación dos hospitais galego na crise do coronavirus. Logo da suspensión de todas as actividades cirúrxicas, de insistir na asistencia telefónica e non presencial e do medo da xente de acudir aos hospitais por temor a contaxios, Feijóo destacou que a situación das camas nos hospitais e das camas UCI en Galicia é un das mellores dos últimos anos cando a crise xa está remitindo.

Feijóo xunto co conselleiro de Sanidade, Jesús Almuiña, nunha sala de urxencias
Feijóo xunto co conselleiro de Sanidade, Jesús Almuiña, nunha sala de urxencias | Fonte: xunta.gal

"Estamos sen dúbida preocupados, pero nunha situación absolutamente distinta, co 59 por cento das camas en UCI en Galicia baleiras", remarcou o mandatario autonómico, que engadiu que hai 3.570 camas de hospitalización "baleiras": "nunca tivemos tanta capacidade asistencial na nosa historia, nin cando eramos Insalud nin desde o 1991", sendo Sergas.

Feijóo tamén apelou a que os estudos epidemiolóxicos, tanto o do Goberno central como o realizado especificamente pola Xunta, revelan que o "virus apenas circulou pola comunidade autónoma". Ambos "acreditan que o 98 por cento dos galegos non tivo contacto co virus", indicou o mandatario autonómico, quen agregou que, en consecuencia, estamos "ante unha situación moi limpa, desde o punto de vista de circulación interna", aínda que ese dato "ten aspectos positivos e preocupantes", recoñeceu.

Na súa análise da situación actual, o presidente da Xunta tamén lembrou a evolución da pandemia e contrastouna de tal forma que manifestou que actualmente estamos nunha "clara fase de control". A ocupación de pacientes con covid en unidades de coidados intensivos e en hospitais baixou un 90 por cento: no pico chegou a haber 178 UCI e 946 hospitalizados, mentres que actualmente hai 17 e 93, respectivamente.

Con todo, a actividade nos hospitais galegos seguen sen normalizarse. Moitas operacións cirúrxicas seguen aprazadas, así como atencións básicas que a Xunta insiste en facer por teléfono.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

4 Galileo galiciano

Gamela, ti que es: un submarino ou unha gamela de verdade cun dúas velas segundo o vento?

3 Sentidiño

Teño unha visión... vexo a Corina diante da residencia de Patos... ela e un chofer de microbús, os dous levan máscara... saúda a cada residente, acompáñao ata o vehículo, dálle un folleto, un sobre pechado e unha palmada no lombo... o vello pensa: esta quén c.o.n.a é?

2 xmmc

De eleccións, Feijoo e o tridente de Sabón... https://diariodunfilologoconfinado....

1 Gamela

pois sí seguro que haberá carrexo de votos... dende as Residencias e ante Notario ! os mortos seica non votan pero como aquí aínda non sabemos quen está morto e quen está vivo... vai tí a saber ?

1 Gamela

Efectivamente a chamada Nova Normalidade vaille vir de perlas ao SERGAS á hora de seguir aforrando en Atención Primaria mediante a TeleConsulta e seguirán a facer o chicle coas listas de espera desviando pacientes aos concertos coa Privada ! Eso sí que é unha razón para darlles unha inmensa patada no cú o 12 de xullo !!! Dignidade Atención Primaria https://youtu.be/e85k0DfROJk O fodido do conto será que alternativa ofrece o anano Caballero para a Sanidade en Galicia (?)

1 Maika

Nin o narcopresidente nin o Caballero pintan nada no futuro da Galiza. Vaite preparando porque terás unha presidenta nacionalista galega...

2 Gamela

Non sei se andará máis preocupada pola perruquería que por gobernar Galicia (?) Claro que sería unha sorpresa ter por fin a unha muller á fronte do Goberno ! O malo é que detrás dela están os Néstor Rego e sobre todo un tal Paco Rodríguez (?) A min o presidente que me gustaría ter é máis deste outro estilo https://twitter.com/00Gamela/status...

3 Mugueimes

Pobre Gamela, não sabe que Rebelo de Sousa é pura dereita e ridículo populista. E, sobre tudo, o presidente em Portugal é chefe do estado, uma figura decorativa tipo rei (com a diferença de que o presidente está escolhido pelo povo e o rei espanhol pela genética, por macho e por Franco).

4 Gamela

Sí levas razón, aquí os ridículos populistas están no Goberno ! Cando pillan sillón vólvense do revés e pechan ás xentes nas casas 110 días mentres eles pasean polos xardíns de Moncloa - Galapagar ? Será que o mundo anda ao revés...? https://i.gal/gamela15