Por gcdeportes | Lugo | 27/12/2012 | Actualizada ás 18:00
A peña de árbitros de Lugo 9.15 organizará entre o sábado 29 e o domingo 30 de decembro a quinta edición do Torneo de Fútbol 7 de árbitros de fútbol de Lugo, que terá lugar no Campo de Fútbol do Polvorín.
Este ano, participarán preto de 300 deportistas de 20 equipos diferentes , orixinarios de Galicia, Cantabria e Asturias, máis concretamente de Monforte de Lemos, Lugo, Viveiro, A Coruña, Pontevedra, Vigo, Ourense, Palencia, Valladolid, O Bierzo e Cantabria.
No 2012 xogarase unha nova edición , tras dous anos nos que o torneo non puido ser realizado por non atoparen os organizadores unha data adecuada.
O evento conta co apoio da Deputación de Lugo, xa que este “tense convertido nun elemento de dinamización turística da cidade, posto que os deportistas que disputarán os encontros virán acompañados de familiares e amigos” segundo declarou O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das Áreas de Benestar Social e Deporte, Antonio Veiga, nun acto de presentación que tivo lugar o 21 de decembro no Pazo de San Marcos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.