Liberdade provisional, con medidas de afastamento, para o home que se atrincheirou cunha arma na súa vivenda

O home, de 44 anos, está a ser investigado por delitos de malos tratos no ámbito familiar.

Por Europa Press / Redacción | Vilagarcía de Arousa | 19/05/2020 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

O home que se atrincheirou o domingo cunha arma na súa vivenda de Vilagarcía, ata que se entregou en comisaría este martes, quedou en liberdade provisional e sen fianza, pero con medidas de afastamento respecto dos seus familiares.

Vivenda en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) na que se atrincheirou un home cunha escopeta.
Vivenda en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) na que se atrincheirou un home cunha escopeta.

O home, de 44 anos, está a ser investigado por delitos de malos tratos no ámbito familiar, ameazas e resistencia a axentes da autoridade.

Tras tomarlle declaración por videoconferencia, o xuíz impúxolle a suspensión do réxime de visitas respecto do seu fillo, así como a prohibición de aproximarse a menos de 50 metros do seu fillo e dos seus pais, e de comunicarse con eles por calquera medio.

O home que permaneceu desde o domingo pola noite atrincheirado nunha vivenda de Vilagarcía, tras protagonizar varias disputas familiares, entregouse sobre as 09.00 horas deste martes na Comisaría de Policía da localidade arousá, onde chegou acompañado do seu avogado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta