Anuncian accións de boicot á Xunta en caso de que reabran as Escolas Infantís

A CUT denuncia ao Goberno galego por non asumir as súas competencias e non aclarar se van reabrir estes centros.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/05/2020 | Actualizada ás 13:14

Comparte esta noticia

A Central Unitaria de Traballadoras ve “intolerábel” que a Consellería de Política Social e o Consorcio non se teñan pronunciado nin informado ás traballadoras das escolas infantís sobre os protocolos a seguir ante a posibilidade de que Galicia entre xa na fase 2 e cando as normas ditadas polo Goberno central xa permiten a reapertura parcial destas escolas.

Nenos nunha escola infantil
Nenos nunha escola infantil | Fonte: centros.edu.xunta.es

Xogan coa saúde física, mental e emocional de todas e estamos fartas”, denuncian dende a Secretaría das Mulleres deste sindicato nun comunicado ao tempo que anuncian o inicio de accións de boicot contra a Xunta en caso de que decidan a repertura destes centros.

É inviábel manter a distancia entre as cativas de 0 a 3 anos, acaso pretenden que non as consoles? Que non as apertes? Que non deixes que aperte a outra cativa? Imos deixalas castigadas sen contacto oito horas ao día?”, denuncian dende o sindicato, que chama a colocar, dunha vez por todas, os coidados e os dereitos da infancia no centro das decisións políticas.

A Secretaría das Mulleres apela ás nais e pais de crianzas de 0 a 3 anos que non están tendo ferramentas de conciliación. “As escolas infantís non son a solución á conciliación senón unha medida axuda para conciliar en condicións normais”, argumentan, “polo que é imprescindíbel que os gobernos galego e central amplíen o dereito á conciliación e as ferramentas para levalo a cabo sen ser a conta da saúde das crianzas”.

O Goberno central anunciou que, a partir da fase 2, as Comunidades Autónomas poderán reabrir parcialmente as escolas infantís para aquelas familias nas que as dúas titoras ou titores das crianzas de 0 a 3 anos non teñan con quen deixar ás cativas. A última palabra tena, en todo caso, o goberno autonómico, neste caso a Xunta. Boa parte das Comunidades xa anunciaron que non reabrirán as escolas infantís de primeiro ciclo (0 a 3 anos) ata o vindeiro curso. A Xunta continúa sen pronunciarse nin dar información algunha ás traballadoras

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta