A CRTVG, única cadea en España que apoia o sector audiovisual na crise do coronavirus segundo o Observatorio Europeo

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/05/2020 | Actualizada ás 20:59

Comparte esta noticia

O Observatorio Audiovisual Europeo recolle que a CRTVG é a única cadea en España que conta con medidas para impulsar o sector audiovisual e creativo na crise provocada polo coronavirus. Este organismo acaba de publicar unha guía na que se recollen 623 medidas de operadores, gobernos e asociacións europeas na defensa do sector audiovisual contra a crise provocada pola covid-19 e unicamente aparece a CRTVG coas súas medidas lanzadas o pasado 8 de abril.

Carmen Méndez, na serie Pazo de Familia
Carmen Méndez, na serie Pazo de Familia | Fonte: CRTVG.

A CRTVG destacou que xa foron activadas iniciativas concretas para a adquisición de documentais e a contratación ou acordo de participación da CRTVG en sete novos proxectos cinematográficos.

Así mesmo, o ente público galego destaca que esta guía se fixo pública despois de que o informe anual da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) certificase que a CRTVG é a canle "que máis investiu en contidos audiovisuais —cinema e series— de entre todas as televisións autonómicas no ano 2018.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta