Ciudadanos insiste nunha coalición de "constitucionalistas" en Galicia e pide "un esforzo" a Feijóo

O PPdeG mantén o seu rexeitamento a unha coalición.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 25/05/2020 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

Ciudadanos (Cs) segue considerando necesario que os partidos "constitucionalistas" se unan de cara ás próximas eleccións en Galicia para facer fronte ao nacionalismo, que foi o argumento co que o pasado febreiro propuxo a formación laranxa ao Partido Popular unha coalición electoral. Unha coalición para a que agora, considera, "séguense dando as condicións".

Beatriz Pino, portavoz de Ciudadanos Galicia.
Beatriz Pino, portavoz de Ciudadanos Galicia.

Así o dixo este luns o dirixente de Cs e portavoz adxunto no Congreso dos Deputados, Edmundo Bal, que pediu "un esforzo" ao presidente da Xunta, o 'popular' Alberto Núñez Feijóo, para evitar que o BNG goberne tras os comicios do 12 de xullo se pacta co PSOE.

Bal lembrou que o seu partido concorre en coalición co PP ás eleccións vascas, que, do mesmo xeito que as galegas, se tiñan que celebrar o 5 de abril pero aprazáronse a causa do coronavirus.

Ao seu xuízo, o "perigo" que ambos os partidos tratan de conxurar en Euskadi "existe tamén en Galicia", onde aínda "se dan as condicións" que levaron a Cs a tentar acordar unha coalición en febreiro, xa que "o nacionalismo ten forza" e "pode dar unha sorpresa".

"Por tanto, ao señor Feijóo dicímoslle que, dándose esas condicións, hai que facer un esforzo para que non se perda un só voto dos constitucionalistas en Galicia, para que non avance o nacionalismo e podamos gañar as eleccións aqueles que cremos na igualdade de todos os españois", manifestou, apelando á "xenerosidade" do PP.

FEIJÓO SEMPRE REXEITOU A COALICIÓN

A finais de xaneiro, a presidenta de Ciudadanos, Inés Arrimadas —que entón só era portavoz no Congreso— propuxo formar alianzas "constitucionalistas" para as eleccións en Galicia, País Vasco e Cataluña. Co PSOE nin sequera chegou falar e ao final só se pactou unha coalición en Euskadi, entre o PP e Cs, co 'popular' Carlos Iturgaiz como candidato a lehendakari.

En Galicia, a pesar da insistencia da formación laranxa, Feijóo sempre rexeitou que ambos os partidos se presentasen xuntos aos comicios —aínda que se produciu algún encontro entre dirixentes de ambas as formacións co fin de dialogar— e Cs descartou a opción de integrar algúns dos seus candidatos nas listas do PP, que era ao que se abrían os populares.

Fontes do PPdeG manteñen que a postura do partido non cambiou e non son favorables a unha coalición. Tanto é así que xa deron por feito que concorrerán coas mesmas listas que rexistraran para o 5 de abril.

Unhas candidaturas nas que os populares se limitaron a incorporar como primeiro suplente pola Coruña, a título particular, a un exdelegado da formación laranxa en Galicia, Juan José Chouza, que foi edil na localidade de Ribeira por Cs. En 2017, Chouza, que tamén pasou por UPyD, anunciou que deixaba a política, e concorría en calidade de independente nas listas populares do 5A.

PINO PIDE UNHA FÓRMULA XENEROSA

Tras as palabras de Bal, a portavoz de Cidadáns Galicia, Beatriz Pino, incidiu nesta proposta lanzada ao PPdeG co obxectivo de "non perder un só voto constitucionalista" de cara ao 12X.

A líder do partido laranxa volve axitar a idea de que "o nacionalismo e o populismo seguen sendo unha ameaza real", fronte á cal urxe "máis que nunca" a unidade do "constitucionalismo".

"Do mesmo xeito que xa pasou noutras comunidades do noso país, os nacionalistas e populistas van usar Galicia para seguir debilitando a España, para seguir dando outro golpe definitivo. Todos vimos xa quen son os aliados do BNG no Congreso", engadiu Piñeiro.

Por iso, e coa vista posta na coalición 'PP+Cs' que fraguou no País Vasco, Beatriz Pino apela a armarse de "unha fórmula xenerosa, con altura de miras e de man tendida a todos os constitucionalistas en Galicia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

2 nostrus

Ciudadanos es un partido caval y equilibrado que apuesta por la realidad gallega sin renegar ni renunciar de nada y poniendo énfasis en mejorar la situacion y los derechos de las personas. Soy consciente de que cometió el error de perder la centralidad, pero no le costará volver a su terreno natural. Enfrente tenemos dos partidos mayoritarios que no dudan en hacer el ridículo dejándose dominar por unos partidos miniminoritarios para hacerse con su apoyo. Apoyemos la sensated y la cordura y luchemos contra la intolerancia y el fanatismo.

1 Casilda Española Buena

Nostruz, que situacion de caval sensated!!! Que vergoña presumir tanto de español e ser tan curto que nin domina un elemental castelán de primaria!!! Que preguiza ou pobre escola que no lugar de ensinar a língua obrigada dedícase a amamantar corvos para o fascio!!! Sendo tan carente no básico como presumido do supremacismo español, disculpamos o teu ódio visceral contra o galego!!! O teu é ser ovella obediente e submisa do radical e racial papanatismo nazional-españolista!!! Beee, beeeee, beeeeeeeee, bibeeeeejpaña!!!

2 nostrus

Casilda,debe ser terrible atoparse enriba dos teus pes. Si non fora asi non terias tanto odio, pero tampouco terias dor, porque ningún malvado atopa a felicidade. Resulta noxento que haxa xente que desprecia a seus semellantes. Perteneces ao grupo de españoles que desprecian algunha das suas linguas e non quere convivir ca maior parte dos seus compatriotas. ¿Quenes son os que che estorban? extremeños, murcianos, zamoranos...... Pode que sexa a ti mesma a quen non te soportas, miraraste cada mañá ao espello e ao ver unha española pensarás que todos somos da tua calaña. Xa sei que contigo nunca poderemos contar si te precisamos. Vivamos todos os galegos, é o modo que temos de ser españoles, unhos desde a deslealdade e o supremacismo e con desgracia e outros con satisfacion.

3 Casilda Española Buena

Lamento desencantarte, con tan pouca escola non sabes que non todas fomos maleducadas para odiar ao diferente. Polas murcianas, estremeñas e zamoranas sinto exactamente o mesmo que polas da miña freguesía. Ou polas de Lisboa, Bogotá, Kinsasa ou Vancouver. Se cadra as mentes simples precisan dun trapo rechamante, unha mascota ou unha identidade inventada para ser felices. E, para completalo, necesitan un inimigo externo ou interno para mostrarse superiores soltando os baixos instintos. Noutrora houbo quen acreditou e até cometeu crimes en nome de deuses verdadeiros, razas superiores e imperios supremos como Ejpaña. E quen se sacrificou pola causa. Hoxe sabemos que eran pobres ovellas. Ti mesmo.

4 nostrus

Casildiña, ti non sabes si teño moita ou pouca educacion, pero ti xa das por suposto que tes mais ca min, será porque es ti a supremacista. Si non odias ao diferente..¿por que non queres convivir co resto de compatriotas?. Non, eu non preciso un trapo para ser feliz, pero outros si precisan unha lingua e unha cultura para danzar arredor dela e os que non compartimos esa ilusion xa nos acusades de inimigos e de odiar ao galego, alá vosa mania. Polo que amosas, para ti España é sinónimo de desprecio, tal vez pola pouca relacion que tes cos españoles limitandose toda relacion aos españoles nacionalistas dun xeito ou doutro. Si sintes desprecio polos españoles é porque sintes desprecio por ti mesma e autoodiaste. Non entendo que vos fixeron aqueles cos que non queredes convivir nin entendo que ganaria Galicia si todos disfrutaramos do voso autoodio. Animate muller, inda che queda unha posibilidade de non precisar ser desgraciada para sobrevivir.

5 Casilda Española Buena

A educación e valores non é preciso acreditalos, o fedor nótase en cada comentario. Se tanto che preocupan os 'compatriotas' vai salvar aos milleiros de saharauis con DNI español entregados a Marrocos como mostra da vergoña racial da transición democrática, de continuidade do colonialismo e da cobardía española. E non, non entendes nada: nin sinto noxo por ser española, nin por ser cristián, nin por ser madridista... Pois antes debo indentificarme, e non hai tal necesidade! Tampouco sinto desprezo polos que desexades ser españois, afeccionados ao horóscopo ou practicantes da homeopatía. Mágoa que non comprendas o básico da humanidade é que escollas ser ovella fanatizada detrás dun trapo rechamante. E que lle temas tanto ao lobo chamado Liberdade!

6 nostrus

Casilda, entiendo que te huela mal, pero si notas mal olor es tuyo, porque el olor no se trasmite por internet. Los siento, pero me acusas a mi de los males que sufres tu, porque yo no necesito hablar castellano para sentirme español y soy gallego a jornada completa sin necesidad de practicar ningun paripé para sentirme gallego 100x100. Cierto que me gustaria defender los derechos de los compatriotas saharauis, esos que a lo mejor (perdoname si me equivoco) a ti no te importan porque son de otra religion, no hablan gallego o tienen la piel mas oscura. Me alegra que no sientas asco por ser española, aunque sería un problema tuyo, respeto tu sentimiento cristiano aunque yo no crea en Dios y creo en la libertad en su maxima expresion posible y los que son ovejas fanatizadas son los que anteponen las supersticiones por encima de la razon y la voluntad soberana de las personas. Este hilo esta apagado, nos vemos en otro, si no te falta fuelle.

7 nostrus

Olvidavame Casilda, dices que non sintes desprecio por ninguen e ao mesmo tempo manifestas sentir aprecio só polas zamoranas, murcianas.....¿e murcianos e zamoranos?, ¿só sintes aprecio polas mulleres?. A palabra murciana refirese só a mulleres e murciano incluye a todos, tanto a homes como a mulleres, De feito non existe nungunha palabra para referirse só aos murcianos, non temos ninguha verba para referirnos en exclusion aos homes, cousas da linguaxe, que non inventei eu, pero que si ti prefieres pisotear, espero que non me impidas a min pisotealo si algun dia conseguides impoñer o voso credo lingüistico. Tamen terei dereito a pisotealo como vos o pisoteades hoxe. Deica logo.

8 Casilda Española Buena

Deica nunca, Nostruz! Repasa o que son os cheiros simbólicos ou metáforas olfatorias en socioloxía ou na literatura. E aprende a ler, non podo ter sentimentos co que non me identifico. É(s) tan simple! Logo, os teus constitucionalistas preocupáronse algunha vez dos saharauis con DNI español? Non, nunca. Son os auténticos culpables do abandono! E si o fixeron e fan, por moito que che incomode, os soberanistas e nacionalistas periféricos! Por certo, preguntaches ás saharauis que queren ser de maiores? Polo dereito a decidir, xa sabes! Sahara, orgullo da Ejpaña cobarde e dos nazionalistas españois!

9 Casilda Española Buena

Deica a derrota final, Nostruz! Rematando, a linguaxe inclusiva diante da sexista entendo que che moleste. Impoñer autoridade no lugar de dialogar entre iguais, discriminar, obrigar, subordinar, abusar, maltratar, eliminar a diferentes... está no teu sagrado ideario de machista españolista. Onte os teus xustificaron a escravitude dos pretos, eliminar os ateos, os xudeos, os ciganos, os islamistas... Hoxe o racial "a por ellos!" vai contra as mulleres, as galegas... Asoballando coa mesma camisa vella e fedorenta. Todo pola uniformidade de Ejpaña até converter a Península Ibérica nunha chaira castellana para deleite dos machos compatriotas! O pior medo dunha ovella fascista é que Liberdade sexa loba, mexe nas fronteiras e se ría dos valores caducos do españolismo esencialista!

10 nostrus

buff, como estamos despois do café, cárgaslle ao oruxo. Xa che dixen que pola miña parte defendo os direitos dos saharauis que os españoles (ti tamen pola parte que che toca) deixamos tirados. Eles, si eran (ou seguen sendo) españoles e terian os mesmos direitos que ti e mais eu e os nacionalistas periferícos ao único que os apoiarian é a non mesturase con eles. Direiche que cos constitucionalistas non tedes nada que temer, podedes falar galego canto queirades e rezarlle oas vosos santos laicos canto vos pete, o problema temolo os que, aparte de ser españoles, nos sentimos satisfeitos de selo, inda incluso co que vos vos esforzades en enmerdar tanto a toda España como a Galicia en particular. Con vos corremos o risco de que nos chamedes feixistas por o simple feito de non selo, porque o feixismo de hoxe en dia chámase a se mesmo antifeixista. Boa tarde Casilda, inda que ese sentimento non sexa recíproco.

11 nostrus

A mi no me molesta en absoluto ese tipo de lenguaje, simplemente me parece absurdo y cansino y no considero que el lenguaje de toda la vida sea sexista. Llamar electricista a un hombre no me parece sexista por no llamarle "electricisto", o "policio", "guardio civilo", "periodisto". En cambio no te parece sexista llamar machista a la supremacia masculina y a la igualdad feminista, cando lo mas lógico sería llamarle igualismo. Seguro que te parece mal calificar a una cosa mala como coñazo y a una cosa buena como cojonudo. El lenguaje lo conformamos entre todos durante siglos y tus esfuerzos solo consiguen hacer el ridiculo y hacer el lenguaje farragoso sin nada tener que ver con la igualdad, solo son alucinaciones y ganas de apropiarte de una virtud que tambien podemos tener los demás aunque no compartamos tu credo lingüistico.

1 nostrus

Yo tambien soy constitucionalista y considero como tales a PSOE, C´s, PP, y Vox, que representan la inmensa mayoria del electorado. Aunque las distancias entre ambos extremos sea abismal, lo cierto es que a todos ellos les vale la Constitucion porque representa la voluntad popular del pueblo expresada en un momento crucial en el que decidimos nuestro modelo de convivencia. Vox es el mas echado al monte, pero aun asi, es mejor que toda esa porcallada-resentida-incomprendida y nunca contentos de Podemos, ERC. bildu,PdCat, Cup, Bng y otros gusanos de similar calaña que no le importaria estropear la convivencia con tal de estar a gusto ellos solos.

1 Casilda Española Buena

Nostrus é constitucionalista honrado e decente como os políticos constitucionalistas amigos modélicos de Kike Sarasola! Si, o fillo dun empresario aproveitado que tamén defrauda o fisco, colega de Felipe X-Gal González, o que lle paga casoplón de luxo a Albertito Rivera e á monxa Ayuso. Todos compis-guais da monarquia bananera e super constitucionalista co diñeiro trincado en Suiza. E cos xuíces constitucionalistas tapándolles o rabo, cos curas apostólico-constitucionalistas perdoando os pecados, a prensa constitucionalista calando e cos militares constitucionalistas gardándolles as costas. Biban os prostitucionalistas españoles!!! Que elegancia bibir e presumir de Ejpaña!!!

2 nostrus

Casilda Española Buena. Si como dis os constitucionalistas teñen todos eses defectos noxentos, non será dificil imaxinar o que seran capaces de facer os que o seu fin é destruir o construido entre todos. Si os que estan a favor de España, son capaces de roubar....¿de que seran capaces os que queren destruila?.

3 uu1

Há, há, Nostrus constitucionalista, que boa brincadeira, não será nos aspectos linguísticos. Na constituição “As OUTRAS LINGUAS espanholas SERÁN também OFICIAIS nas respectivas comunidades autónomas de acordo cos seus estatutos... A riqueza das DISTINTAS modalidades linguísticas de Espanha é um patrimônio cultural que será objeto de especial RESPECTO e PROTECCION”, no estatuto “A língua PROPIA de Galiza é o galego. Os idiomas GALEGO e castelhano são OFICIAIS em Galiza e todos tenhen o DRIREITO de os conhecer e de os USAR....”, assim Nostrus defende que todo o pessoal púbico domine os dous idiomas para que todo cidadão poda ser atendido na sua língua de preferência, não é? Está garantido o direito a usar o galego para, entre outras cousas, renovar o dni ou passaporte, declarar num juízo, ser atendido na sanidade, ver a tv, presenta uma denúncia ante polícia ou guarda cível e muitíssimas mais cousas. A resposta é não

4 nostrus

uu1. Pero..... ¿quen non lle recoñece oficialidade ao galego?, ¿onde estas metido para ter esa vision?. Unha cousa é ter direito a usar ti o galego, que o tes, e outra distinta é esixir que che falen a ti en galego, quitandolle ao teu interlocutor o direito a que use o español si lle place. Certo que en Galicia existe o direito a conocer e usar o galego e o español, pero só temos a obriga de comprender o español, porque sería imposible e inxusto a obriga de comprender o galego para todos os españoles. ¿Teria a obriga de comprender o galego un murciano que nos visita?

5 uu1

Um murciano teria a obriga de compreender e falar o galego se trabalha nos julgados, policia, guarda cível, Xunta, concelhos ou sanidade na Galiza. Um murciano que nos visite tem o direito de ser atendido em castelhano, pelo tanto todo trabalhador público na Galiza tem que falar os dous idiomas. Eu tenho que usar o inglês no meu trabalho, a alternativa e procurar outro trabalho

6 nostrus

uu1. Non é asi. Eu como cidadan podo usar en Galicia calquera das linguas oficiais, polo que o funcionario que me atenda terá que comprender a lingua oficicial da miña escolla, pero él a sua vez poderá usar o español e eu teño a obriga de entendelo. Non ten porque saber falar galego como ti dis, abonda con que o comprenda. Ao nacionalismo galego prestarialle poderlle esixir o coñecemento do galego a tododios, tanto como ao nacionalismo católico poder esixir o coñecemento do Credo.

7 uu1

Mais uma vez queda demostrada a sua intolerância, a sua falta total de respeito para os galego falantes e a sua falsa interpretação da lei. Se não se lhe exige que saiba falar galego é porque a lei não se cumpre. Os galego falantes temos direito por lei (ainda que não se cumpre) de sermos atendidos em galego porque ninguém pode ser discriminado pela sua língua, e se o empregado público não sabe fala-lo, tem duas alternativas, a mais fácil é aprende-lo, a segunda é buscar outro trabalho. Mas eu sei que você não o compreendera porque para isso teria que aprende a respeitar os direitos dos demais e a valorar a diversidade, como sempre lhe digo o que você precisa é mais educação é tolerância. Ademais de não saber inglês ou francês também está bastante curtinho em aspectos legais