Xa se pode ir renovar o DNI, con máscara e co importe exacto en metálico

Cómpre pedir cita previa a través de Internet.

Por E.P. | MADRID | 27/05/2020 | Actualizada ás 16:01

Comparte esta noticia

A Policía Nacional anunciou que reiniciará este mércores, 27 de maio, "de forma gradual e progresiva" o servizo de cita previa para obtención ou renovación do seu DNI ou Pasaporte a través da páxina oficial www.citapreviadnie.es, para todos aqueles territorios que se atopen na Fase 2, como Galicia, do plan de transición cara á nova normalidade.

A Policía lembra que todos os cidadáns deben acudir á súa cita puntualmente, provistos de máscara, co importe exacto en metálico da taxa (12 euros o DNIe e 30 euros o pasaporte) e de forma individual, salvo para expedicións a menores ou persoas que necesiten acompañamento.

A medida que o resto de territorios vaian entrando na Fase 2, iranse incorporando paulatinamente ao sistema de cita previa para a obtención ou renovación dos seus documentos de identidade.

Ademais, lémbrase que a validez de todos o DNI que caducasen desde a entrada en vigor do estado de alarma o pasado sábado 14 de marzo prorrogarase durante un ano, ata o día 13 de marzo de 2021.

Unha persoa renovando o seu DNI
Unha persoa renovando o seu DNI | Fonte: EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta