A Xunta non quere abrir unha nova fronte coa RAG

Vázquez pide consenso para atopar unha solución aos problemas de financiamento da Academia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/01/2013 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

O presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Luis Méndez Ferrín, foi contundente hai unhas semanas ante a "enorme reducción" de orzamento ao que vai ser sometida esta institución en 2013, e pediu máis fondos para manter os seus servizos. Pouco despois foi o grupo de Alternativa Galega de Esquerda, quen lle pediu á Xunta máis compromiso con este organismo e mesmo alertou dun posible ERE. Ademais, AGE está disposta a dar batalla no Parlamento.

Ferrin con Vázquez, Anxo Lorenzo e Valentín García nun encontro na Xunta
Ferrin con Vázquez, Anxo Lorenzo e Valentín García nun encontro na Xunta | Fonte: xunta.es

A RAG necesita preto dun millón de euros para manter o seu funcionamento actual, segundo o cálculo que realizou o seu presidente, tendo en conta tanto as súas actividades e proxectos, como as súas instalacións, a súa páxina web e o persoal funcionario que traballa xunto cos académicos no día a día. A xunta só consignou 300.000 euros nos orzamentos deste ano.

Consenso

Ante esta situación, a Xunta quere evitar iniciar unha nova guerra coa lingua galega coma cortina de fondo. Por iso, o conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez, fixo este martes un chamamento ao consenso con vista á xuntanza que a RAG celebra coa Xunta este mércores-

"O Goberno galego está a traballar para buscar unha alternativa e dar resposta aos seus requirimentos dentro das posibilidades das arcas públicas", suliñou Vázquez quen insistiu  na "difícil situación" do erario. "Hai que loitar nun momento de crise para poder contribuír ao labor tamén importante que fai a Academia", apuntou.

"Pero, desde logo, pedindo un entendemento e buscar a aproximación entre todos, para que a RAG siga facendo ese bo traballo que vén facendo historicamente, pero entendendo que a situación dos galegos é moi difícil e entre todos debemos contribuír a que esa situación a podamos superar", incidiu.   

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

1 Ferrin é amigo

Non habera problema. Ferrín o de AGE so se mete co Apalpador, a ortografía reintegracionista e cousas desas http://www.lavozdegalicia.es/ourens...

1 Altermundista

Aí,os da UPG. Non vos dades de conta de que sodes ananos culturais. E a partires de agora sodes xa ananos políticos,fúchedes o cancro do nacionalismo galego.Felizmente ese tempo xa rematou.

2 Si Mesmomundista

Tes razón Mesmomundista. O que se leva é ir en Audi pedir grandes despachos e enviar adhesions a Baltar. Upegallos malísimos que se opoñen a vos e non quixeron a Lopez Rico nin a Tello na Coruña. Co que mola Marineda City

3 Altermundista

Marineda City foi cousa de paco vázquez,moitos anos antes de que o BNG chegara ao goberno municipal da Coruña.Audis comprara Carrumeiro,nonsi? Os da UPG non sabedes nin intoxicar

4 Mesmomundistas sodes

Tempos aqueles nos que os beiristas alababan os grandes centros comerciais da Coruña mentres o seu Mesías iba a cumios altermundistas en hoteis de todo o mundo. Que mala es la UPG! Como mola ser altermundista en Audi e homenaxear a Feijóo http://www.lavozdegalicia.es/coruna...