Casado lamenta os despedimentos en Alcoa e di que esixiu hai meses a Sánchez defender a industria electrointensiva

O presidente do PP, Pablo Casado, declarou que en decembro e en marzo se reunira co comité de empresa para esixir a Sánchez que "deixe o seu sectarismo ideolóxico e defenda a industria electrointensiva, esencial para Galicia e toda España".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 28/05/2020 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

O presidente do PP, Pablo Casado, lamentou este xoves que Alocoa anuncie do despedimento de medio milleiro de traballadores e lembrou que en decembro de 2019 e marzo deste ano reuniuse co seu comité de empresa para esixir ao Goberno de Pedro Sánchez que "deixe o seu sectarismo ideolóxico" e defenda a industria electrointensiva.

Alcoa comunicou este xoves que abre un período informal de consultas polo despedimento colectivo dun máximo de 534 empregados da súa planta de aluminio primario de San Cibrao, no municipio de Cervo, debido á súa produción "ineficiente" e a súa situación "insustentable".

Nunha mensaxe na súa conta oficial de Twitter, o presidente dos populares lamentou que Alcoa anuncie o despedimento de 534 traballadores e lembrou que o seu partido xa viña alertando desta posible situación desde hai un ano.

"En decembro e en marzo reuninme co seu comité de empresa para esixir a Sánchez que deixe o seu sectarismo ideolóxico e defenda a industria electrointensiva, esencial para Galicia e toda España", manifestou.

Segundo explica a compañía nun comunicado, os problemas "estruturais" de altos custos de enerxía e o baixo prezo do aluminio, xunto co exceso de capacidade global, "causaron significativas perdas recorrentes, que se prevé que continúen". Todo iso, ante unha serie de problemas "externos" de produción e de mercado que fixeron que a fábrica "non sexa competitiva".

VISITA A ALCOA EN MARZO

O pasado 5 de marzo, en plena precampaña electoral das galegas fixadas para o 5 de abril que logo foron suspendidas polo coronavirus, Casado reuniuse cos representantes dos traballadores de Alcoa.

Nunha breve declaración ante os medios na planta de Cervo comprometeuse a apoiar un decreto lei impulsado polo Goberno de Pedro Sánchez que inclúa un estatuto para as industrias electrointensivas que recollan todas as demandas, inclusive as alegacións dos gobernos da Galicia, Asturias e Cantabria.

O presidente do PP, Pablo Casado (1i) saúda a un dos membros do Comité de Empresa de Alcoa despois da rolda de prensa posterior  a 5 de marzo de 2020.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
O presidente do PP, Pablo Casado (1i) saúda a un dos membros do Comité de Empresa de Alcoa despois da rolda de prensa posterior a 5 de marzo de 2020.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta