Reabre o prazo de inscrición en listas de emprego temporal da Xunta

As persoas interesadas poden facelo a través da web da Xunta no apartado 'Listas de Contratación' e as que xa o fixeron con anterioridade non terán que repetilo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2020 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia renova a partir deste luns e ata o 18 de xullo o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal para traballar nos servizos públicos da administración.

Tras a suspensión á que obrigou o estado de alarma declarado como consecuencia da crise sanitaria, o Goberno galego decidiu reabrir estes prazos para que aqueles interesados "que cumpran os requisitos de titulación" poidan acceder ás bolsas de emprego temporal para o nomeamento de funcionarios interinos e a contratación de persoal laboral temporal da Administración.

Nun comunicado remitido este domingo, a Consellería de Facenda explicou que con estas listas realízanse as substitucións e refórzanse os servizos públicos. Os empregados prestan atención nas escolas infantís, os centros de atención a menores ou persoas con discapacidade, residencias de maiores, centros para persoas con dependencia, servizos de gardacostas ou en institutos politécnicos.

Ademais, Facenda sinalou que estas listas son unha forma de conseguir méritos á hora de participar nun proceso selectivo, xa que incrementa as posibilidades de obter un posto permanente na Administración.

Por último, o Goberno galego informou de que "todas as persoas interesadas en apuntarse nas listas" poden facelo a través da web da Xunta no apartado 'Listas de Contratación' e as que xa o fixeron con anterioridade non terán que repetilo.

Corredores do complexo administrativo de San Caetano, sede da Xunta, durante a crise do coronavirus.. EUROPA PRESS - Arquivo
Corredores do complexo administrativo de San Caetano, sede da Xunta, durante a crise do coronavirus.. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta