Feijóo evita responder se as residencias privadas teñen persoal cualificado para afrontar rebrotes da COVID

Di que a pesar de que a Xunta deixou de intervir as residencias privadas, seguen funcionando “baixo a tutela do Sergas”.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 31/05/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia decidiu poñer fin á intervención pública das residencias de DomusVi Aldán-Cangas e Barreiro-Vigo, e a de Nuestra Señora de Fátima do Barco de Valdeorras este domingo, 31 de maio.  Segundo informa Rede, a federación galega de asociacións galega de usuarios e familiares de residencias de anciáns, o persoal da Xunta de Galicia (tanto das consellerías de Sanidade como de Política Social) xa abandonaron as tres residencias intervidas, sen que as empresa xestoras destes centros, DomusVi e Nuestra Señora de Fátima, “asumiran e cumpriran coa súa parte, que é lograr o persoal suficiente para reemprazar ó da Xunta que xa non está”.

Galicia Confidencial preguntoulle a Feijóo sobre esta cuestión na rolda de prensa posterior á xuntanza de presidentes autonómicos e o xefe do Executivo galego defendeu a medida porque as residencias galegas “só teñen un 0,1% de positivos” en residencias, 39 usuarios e 36 traballadores. “E isto hai que poñelo en valor e seguimos traballando con rigor”, apuntou.

“Familiares de usuarios de residencias denuncian que a Xunta deixa este domingo de intervir as residencias privadas sen que cumpran os criterios de incorporar a máis profesionais formados para atender aos maiores. A Xunta ten constancia disto e ten protocolos aprobados no caso de que nestas residencias haxa rebrotes?”, preguntoulle este medio.

Hai protocolos para familiares, e se activan con distintas fases e hai unha obriga de dar información ás autoridades sanitarias”, dixo ao tempo que insistiu en que, a pesar de tomar esta medida, “todas as residencias, as privadas, as públicas e as integradas, “funcionan baixo a tutela do Sergas, sexan integradas ou as que non foran integradas”.

Feijóo coa conselleira delegada de DomusVi, Josefina Fernández, a empresa privada máis afectada por casos de coronavirus en centros de maiores
Feijóo coa conselleira delegada de DomusVi, Josefina Fernández, a empresa privada máis afectada por casos de coronavirus en centros de maiores | Fonte: xornalgalicia.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Está ben saber que será o SERGAS quen sente no banquiño dos acusados por homicidio imprudente... Claro que o Presidente debe ter algo que ver coa política de Lazaretos (?) A ver se o avogado Lema fai ben o seu traballo (?) Disque a esperanza é o último que se perde (?) Claro que hai outros dous paxaros que deberan dar a cara (un vive na Moncloa e outro en Galapagar!) https://twitter.com/00Gamela/status...