Temas: CINAE VERáN

Verín prepárase para o estreo de "María Solinha" desde un autocine

Ignacio Vilar visitou a localidade para coñecer a loxística. O seu filme poderá verse dende os coches o 21 de xuño.

Por X.M. Fernández | Verín | 01/06/2020 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O director galego visitou o aparcamento público gratuíto onde se instalará o vindeiro 21 de xuño o autocine no que se estreará o seu filme “María Solinha". Estivo acompañado do seu equipo técnico, do alcalde de Verín, Gerardo Seoane e de Begoña Vázquez, en representación da Asociación de Hostaleiros da Comarca de Monterrei (Aehcom).

Ignacio Vilar no aparcamento que fará de autocine. Foto: Prensa Verín.
Ignacio Vilar no aparcamento que fará de autocine. Foto: Prensa Verín.

Durante a visita, repasaron os aspectos fundamentais que conforman a minuciosa loxística necesaria para o correcto funcionamento do este servizo audiovisual, así como os requisitos necesarios para a implementación do servizo de “menú  autocine”, que realizarán varios restaurantes membros de Aehcom e se distribuirá a través da nova plataforma de entrega de produtos locais a domicilio “Rumbo”.

Segundo xa informamos días atrás, o Concello de Verín pechou o pasado 15 de maio un acordo con Vía Láctea Filmes para acoller a primeira exhibición en autocine da estrea da película “María Solinha”. 

O parking libre central de Verín conta cunha capacidade de ata 300 vehículos, e as prazas serán delimitadas para a ocasión. A proxección poderase seguir dende os vehículos, sen necesidade de contacto físico nin de baixarse dos coches. As entradas estarán dispoñibles en ataquilla.com

Temas: CINAE VERáN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta