AGE sae en defensa da RAG

Insiste en que o seu orzamento é "insuficiente". Ata o de agora é o único grupo que se ten posicionado sobre a polémica entre a Xunta e a Academia. BNG e PSdeG apuntan á vinculación de Ferrín con AGE.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/01/2013 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

Alternativa Galega de Esquerda considera "insuficiente" a achega da Xunta á Real Academia Galega e esixe estabilidade económica para a institución. Precisamente, este é o mesmo argumento utilizado o mércores polo presidente desta entidade, Xosé Luis Méndez Ferrín, logo da súa entrevista co presidente da Xunta e co conselleiro de Cultura e Educación para abordar o financiamento da RAG.

ferrin
ferrin

Así, a Administración autonómica achegará 520.000 euros este ano --200.000 euros máis do previsto-- á RAG para compensar a redución da transferencia estatal --de 682.000 a 341.000 euros--. Entre a achega ratificada este mércores pola Xunta e os 341.000 euros comprometidos polo Ministerio de Cultura, a entidade ten garantido polo menos uns ingresos de 861.000 euros para este ano. "Agradécese á achega pero é insuficiente", apuntou Ferrín. E é que os responsables desta institución estimaban nun millón de euros os fondos necesarios para o se perfecto funcionamento. 

Estabilidade

AGE insiste tamén nos argumentos de Ferrín e esixe estabilidade para o financiamento da entidade. Esta formación pide que a RAG reciba o mesmo trato que as academias das outras nacións do Estado español e tamén un compromiso por parte do Goberno galego para o financiamento plurianual da mesma. "O obxectivo desta reclamación é garantir a continuidade das diferentes seccións da institución e dos seminarios de traballo, ademais de fixar as condicións laborais do cadro de investigadoras e investigadores e o resto do persoal", destaca a coalición.

Ademais, a formación liderada por Beiras destaca que as súas homólogas catalá, o Institut d’Estudis Catalans, e vasca, a Academia de la Lengua Vasca-Euskaltzandia, obtiveron dos seus respectivos executivos en 2012, 5.538.947 euros e 1.332.820 euros. “O que non pode ser é que a Real Academia Galega, a principal institución que vela pola lingua galega, teña que andar cada ano a mendigar o seu financiamento e dependa da vontade dos gobernos de quenda”, sinala o parlamentario Xabier Ron.

Rolda de prensa de Ferrin
Rolda de prensa de Ferrin | Fonte: galiza.indimedia.org

Apoio

Ata o momento, AGE é a unica formación que se ten posicionado contundentemente a favor dun maior financiamento para a RAG. Antes da entrada de AGE na Cámara galega, tanto o BNG coma o PSdeG presentaron varias iniciativas nas que lle reclamaban a Xunta a equiparación da RAG coas academias catalá e vasca e criticaron a discriminación que sufría por parte do PPdeG.

Pero agora, nin os socialistas, nin os nacionalistas teñen entrado na guerra mediatica entre a Xunta e a Academia, mesmo, logo da publicación por parte do ABC de que Ferrín ten a súa filla e ao compañeiro desta empregados nesta institución e que se despraza de Vigo á Coruña nun Audio 8. "Preguntadelle aos de AGE que se pronuncien sobre iso. Nós non imos a entrar a valorar estas cuestións do presidente dunha institicuón que forma parte desa coalición", apuntan fontes nacionalistas consultadas. "Está claro que hai discriminación coa RAG pero hai xeitos e xeitos de manifestalo. E tamén comportamentos, tanto persoais coma políticos. Nós non estamos pola politización da Academia", apunta outro deputado consultado do PSdeG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 65 comentarios

9 Ameneiro

Colo o mesmo que dixen hai uns dias:Acostumo a diferenciar entre unha Institución e quen a dirixe nun momento determinado e a politica concreta que se fai nese momento. Deixando eso aparte, considero que o recorte presupostario da RAG é un ataque mais á cultura galega, polo que todo o meu apoio a quen loite contra esa inxustiza. O cal non significa que apoie, nen comparta, nen esqueza a castrapeirización da nosa lingua dos actuais académicos, nen os "supostos" enchufismo desa institución (que non son cousa dun só académico senón unha práctica habitual continua no tempo).

1 O Príncipe dos Mouros

"Castrapeirización" di aquí o filólogo, insultando o criterio de estandarización dos académicos profesionais. En que te baseas para sosteres iso? Non queremos reintegratas acomplexados na RAG. O galego é a lingua que falan os galegos na maneira en que a falan os galegos. Se para ti iso é "castrapo" e non che gusta o galego, non o fales e punto, cona.

2 outeiro

¡Canta razón ten a princesiña! O gallego é a lengua que falan os gallegos na maneira en que a falan os gallegos.

3 O Principe dos Mouros

Descansa, anda. Estás cansado.

4 Ameneiro

O reintegracismo é unha realidade na Galiza, goste ou non, unha realidade escrita que medra moderadamente entre os galegos falantes, cousa que non acontece entre outras familias "ortográficas". O meu apoio é á Institución, se queres un apoio incondicional a todos os seus membros, ao todo o que fan e como o fan, é outro debate, e unha auditoria non iria mal. Por certo a RAG, non é só tua para decir que queres nela e que non. E mentres a pague, teño todo o dereito a opinar sobre ela e a ter a miña idea do que deberia facer.

8 O Príncipe dos Mouros

Os do BNG, por certo, construíndo o nacionalismo galego paso a paso [nótese retranca implícita]

7 blancolexitimo

Sempre dándolle voltas ó mesmo chocolate conxuntural sen querer ver o estructural que sostén toda esta montaxe: a "Ley Electoral" e a "Ley de Partidos" xeneran unha oligarquía político-sindical que é sempre corrupta por ser oligárquica: ferrines, baltares, blancos por parellas, sindicalistas con soldos millonarios nos C. de A. das Caixas de todos, periodistas afíns nos timóns dos púlpitos... É A OLIGARQUÍA. É a clase dirixente que controla todos os mecanismos do poder e que solo quere pastorear rebaños para que as participacións do Gordo sempre as teñan todas eles e os seus. Hoxe é por un, mañá é por outro, pero ós galegos de abaixo nunca lles toca a lotería. Pero necesitan da infantería, esa que escribe nestes medios ¿á marxe do poder?

6 O Príncipe dos Mouros

Ben por Alternativa Galega! A nosa lingua é o noso orgullo como nación!

5 Un de ANOVA

A situación da RAG non é doada,como tampouco é doada a situación de Galiza como nación. Os patriotas temos que defender a RAG