UU.AA. pide a Xunta e Ministerio un plan de recuperación do sector do viño

Ve "imprescindible" a apertura de mesas de traballo "en todas as denominacións de orixe".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2020 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

O sindicato Unións Agrarias (UU.AA.) pide á Consellería do Medio Rural e ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que "xunten esforzos" para elaborar un plan de recuperación económica adaptado ao sector do viño. A través dun comunicado, a organización sinala que esta posta en común servirá "para definir que parte dos 74 millóns de euros" anunciados polo Goberno central para contrarrestar os efectos da crise da COVID-19 lle corresponden a Galicia.

Ademais, UU.AA. ve "imprescindible" a apertura de mesas de traballo "en todas as denominacións de orixe" nas que senten produtores, consellos reguladores e adegas para trazar un plan de impulso.

O sindicato agrario tamén reclama á Xunta que vincule calquera liña de liquidez ás adegas a que "garanta a recollida de uva a prezos que cubran os custos de produción" e que "se obrigue a depositar os contratos de abastecemento nun rexistro publico" para certificar que cumpren a lexislación.

E é que, tal e como asegura UU.AA, o confinamento derivado do actual estado de alarma provocou "unha caída nas vendas" das adegas, "sobre todo as pequenas", principalmente polo peche da canle 'Horeca' --hoteis, restaurantes e cafetarías--.

Uvas colleitadas na vendima das Rías Baixas. EUROPA PRESS - Arquivo
Uvas colleitadas na vendima das Rías Baixas. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta