A Xunta axiliza a contratación de persoal temporal a un mes das eleccións

Comezará a chamar por vía electrónica desde o día 15 a persoal interino no canto de por correo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2020 | Actualizada ás 12:24

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves a orde pola que a Xunta comezará a chamar a partir do 15 de xuño por vía electrónica ao persoal da bolsa de emprego temporal, no canto de por o sistema de correo postal. Este é un proxecto opiloto, xa que a súa operativididade plena estaba prevista para o 15 de outubro.

Segundo informa a Consellería de Facenda, o novo sistema aplicarase para o nomeamento do persoal interino no desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios, así como na contratación temporal de persoal laboral da Xunta.

As categorías profesionais nas que se aplicará este proxecto piloto están nas listas da provincia de Pontevedra e son: educador e profesor especial (grupo II, categoría 6); camareiro-limpador e outros (grupo V, categoría 1); así como limpador e outros (grupo V, categoría 11).

A través deste novo sistema os integrantes en listas de contratación temporal poderán acceder directamente desde o seu móbil ao sistema de citacións e coñecer e validar os postos ofertados. Tamén poderán coñecer a data e hora na que se realizará a adxudicación dos postos, así como descargar a súa credencial de ser seleccionados.

Sala de espera
Sala de espera | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta