Por Galicia Confidencial | Ourense | 14/01/2013 | Actualizada ás 18:53
Este luns morreu José Posada, un dos empresarios máis significados na defensa da lingua galega. Posadas foi o primeiro eurodeputado en utilizar o galego na Cámara Europea, onde estivo entre 1993 e xullo de 1994 como representante de Coalición Galega. Volvería novamente á UE en 1999.
Nacido en Vigo, en 1940, estivo sempre ligado a Ourense. Foi director de Caixa Ourense entre o 1984 e 1987 e destacado empresario, sobre todo, na apertura de novos mercados. Foi responsable da empresa dedicada á exportación de produtos agrícolas Cuevas e Cia. S.L, de 1962 a 1989. Desde 1989, director de Arposa, empresa adicada, tamén, á exportación. Tamén presidiu o Consello de Administración de Droyper --Distribución de Produtos de Drogaria e Perfumaria) e socio xerente dos Consellos de Administración de Arpon, S.L. e Marrón Glacé, S.L.
Escribiu diversos artigos na prensa galega sobre enoloxia e gastronomía e foi tamén secretario da Irmandade dos Viños Galegos. Era socio de honra da Agal desde 2005 e tamén membro de CxG.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.