Galicia rexistra a maior caída da produción industrial de todo o Estado, un 43 % en abril

A maior baixada foi na producción de equipos.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 05/06/2020 | Actualizada ás 11:25

Comparte esta noticia

O Índice de Produción Industrial (IPI) en Galicia esborrallouse durante o mes de abril, e caeu un 43 por cento, o maior descenso a nivel estatal, segundo os datos que comunicou este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Así, o INE comunicou que, no cuarto mes do ano, no que moitas factorías (que non prestaban servizos esenciais) estiveron pechadas polo estado de alarma decretado pola pandemia de coronavirus, a produción industrial galega caeu por encima da media estatal (case dez puntos máis de baixada).

Por destino económico da produción, rexistráronse reducións en todos os ámbitos, pero as caídas están encabezadas pola produción de bens de equipo (onde se inclúe a industria da automoción), cunha baixada do 67,1 por cento.

A produción de bens de consumo duradeiros baixou un 59,6 por cento, mentres que a de bens de consumo non duradeiros caeu un 41,9 por cento. Tamén baixou a produción de bens intermedios (un 40 por cento) e de enerxía (un 20,3 por cento).

DATOS ESTATAIS

A nivel nacional, o IPI esborrallouse un 33,6% o pasado mes de abril en relación ao mesmo mes de 2019, o seu maior descenso interanual desde o inicio da serie, en 1976, como consecuencia da crise sanitaria e a paralización case total do sector industrial durante a primeira quincena de abril, cando se puxo en marcha o permiso retribuído recuperable para traballadores non esenciais.

Taxa interanual do Índice de Produción Industrial en Galicia, desde 2016 ata abrol de 2020, segundo datos do INE.. EP DATA
Taxa interanual do Índice de Produción Industrial en Galicia, desde 2016 ata abrol de 2020, segundo datos do INE.. EP DATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta