ENQUISA: Feijóo sacaría os mesmos resultados que hai catro anos

Unha comparativa de enquisas realizada pola empresa Porcentual sinala que o PPdeG obtería 41 escanos. Soben PSdeG e BNG, baixa Galicia en Común e Vox, C's e Marea Galeguista non terían representación.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/06/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Un estudo comparativo de enquisas realizado pola empresa Porcentual para Galicia Confidencial apunta que o PPdeG gañaría novamente as eleccións galegas por maioría absoluta, con 41 escanos, os mesmos que ten na actualidade.

Porcentaxe de votos da proxección de enquisa realizada por Porcentual
Porcentaxe de votos da proxección de enquisa realizada por Porcentual

A segunda forza en número de votos e escanos sería o PSdeG, con 19 --ascendería cindo deputados-- e logo o BNG, que case duplicaría os seis actuais para situarse con 11. Galicia en Común, cuxas formacións --Anova, Podemos, EU e algunhas mareas municipalistas estaban integradas en En Marea hai catro anos-- pasaría a ter 4. Pola contra, nin Marea Galeguista, que se di sucesora de En Marea, nin Vox, nin Ciudadanos obterían representación nas eleccións do vindeiro 12 de xullo.

No seu estudo, Porcentual fai unha comparativa dos inqueritos publicados nos últimos días, o de NC Report para La Razón, o de GAD3 para ABC, o de Celeste-Tel para eldiario.es e o de Sondaxe para La Voz de Galicia.

Segundo os seus datos, o PPdeG sería a formación máis votada co 46,4% dos votos, seguida do PSdeG co 22,6%. En terceira posición estaría o BNG, co 15.3% e, finalmente, Galicia en Común, co 8,3%. Quedarían fóra do Pazo do Hórreo, Vox co 2,7% das papeletas; Ciudadanos, co 1,7% e Marea Galeguista, co 0,6%.

Os populares serían a forza máis votada en prácticamente todos os concellos galegos, agás en Dumbría, Culleredo, A Capela, As Pontes, Ribeira de Piquín, Negueira de Muñiz, Pedrafita, Calvos de Randín e Entrimo, onde gañaría o PSdeG e Allariz, onde o Bloque sería o máis votado.

REPARTO DE ESCANOS

DISTRIBUCIÓN POR CONCELLOS

VALORACIÓN DE ENQUISAS

Precisamente, esta fin de semana todos os grandes líderes políticos coincidían en evitar valorar enquisas e, en suliñar que, coa situación actual, os inquéritos son moi volátiles.  Así, Feijóo dixo que sabe "perfectamente distinguir" entre un estudo demoscópico e os resultados electorais.

"E tamén sei perfectamente que a mellor forma de perder unhas eleccións é considerar que as enquisas se converten inevitablemente en resultados electorais", continuou. "Por tanto, nós (o PPdeG) imos traballar, non imos dar un só balón por perdido e tentar trasladar aos galegos cal é a nosa oferta política e a nosa oferta de goberno", finalizou.

Pola súa banda, Gonzalo Caballero, mostrouse "seguro" de que a clave para que a enquisa non se cumpra pasa por "mobilizar o voto progresista" --como pasou noutras citas electorais anteriores de 2019--.

"En abril fomos a primeira forza por primeira vez na historia; gañamos as municipais e o 55% dos galegos teñen alcalde socialista en máis de 100 concellos; chegaron as eleccións de novembro con maioría progresista: os 55% galegos votaron por forzas políticas de esquerda". "Hai un mapa político que reflicte que hai unha maioría de cambio no país", concluíu.

"SAIRÁN MOITAS ENQUISAS"

Pola súa banda, o portavoz de Galicia en Común-Anova-Mareas, Antón Gómez-Reino, sinala que "a única enquisa válida" é a do próximo 12 de xullo" e que até entón "sairán moitas enquisas, con distintas variables, e que son parte da propaganda performativa".

Gómez-Reino reiterou a súa convicción sobre a "vontade e necesidade" que existe en Galicia para un "cambio que reverta todo o dano feito por Feijóo á estrutura pública: a sanidade, os coidados e o ensino".

Finalmente, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, considera que a día de hoxe "as enquisas teñen menos validez que nunca", xa que considera que o panorama político actual é demasiado volátil e a sociedade está marcada pola incerteza.

Pontón asegurou que "a tantos días das eleccións, as enquisas teñen menos validez que nunca", sobre todo "neste contexto de tanta volatilidade e incerteza".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

6 Gamela

Se somos un povo derrotado será porque a "derrota" a temos dentro da casa ? Beiras con voz propia ! https://youtu.be/mhTFOe35BbU?t=3010 O BNG só ten un problema, chámase UPG ! En canto a que Galicia "non precisa" un PNV está claro que o PPdG é suficiente para a cativa burguesía que temos (a Deputación de Ourense podería ser un bo exemplo, de como o PP deseñado por Fraga resiste contra vento e mareas!) ? En definitiva malos tempos, coma sempre...

1 Sentidiño

Entre yoko ono e a upg disgraciouse a humanidade!

5 Alienao

Politicamente somos un povo derrotado.

1 nostrus

O que é unha mágoa é que C´s non teña mais forza. C´s é quen mellor representa a realidade social galega sin renegar nin renunciar de nada. Galicia é una rexion que se sinte española, proba de que seua habitantes non sufren ningún tipo de alucianacions e estan en plenas facultades mentales que non confunden a realidade coas pallas mentais. O PP é un partido hipócrita que abraza o galeguismo hipócritamente e que lle reza a Castelao e que se pelexa co PSOE para facerse co amor do electorado naciota. Hai que acabar dunha vez con todas esas patrañas, respetar a cultura e lingua galegas, pero con dous dedos de frente porque o principal é solucionar os problemas e necesidades das personas. O bloque, mareas e outros similares non son partidos serios, tan só son sectas xuramentadas en ilusions maniáticas.

2 Sentidiño

Voxtrus a defender Ciudadanos... os da praza de Colón de Madrid, os socios da euxenesia madrileña con Ayuso, xuntiños na loita final... Qué irónica, e qué macabra, é a política filofascista!

3 nostrus

Sentidito, cuando digo que los habitantes de Galicia no sufren alucinaciones, evidentemente no son todos y siempre hay alguna excepcion que confirma la regla, como es tu caso. Los filofascistas sois los supremacistas que despreciais a los compatriotas que viven en otro lugar y le quereis expropiar sus derechos, aunque solo se queda en intenciones porque no teneis la fuerza que os gustaria tener.

4 Gamela

Cando alguén propoña o e-voting haberá que andar con coidado (?) Supoño que nestas eleccións seguirá sendo INDRA quen se encargue do escrutinio (que sabemos da empresa?) https://twitter.com/00Gamela/status...

3 Xoelho

Partidos como o PP deberían ser sempre marxinais e resulta que en Galicia sempre ten maioría, unha maioría que ademáis case sempre é absoluta. Que é o que temos os galegos na cabeza, ou a maioría dos galegos, como se está a ver? Pois iso que se bota polo wc cando se ten diarrea.

1 Gustavo

O das autonómicas ten truco (ou non, según se mire). O truco é que vota moi pouca xente, que "non interesan" a un sector que noutras eleccións decantan Galicia cara á teórica esquerda (ou o mundo non-PP). Nos últimos anos o PP perde nas xerais (10 deputados fronte a 13 do resto, e ainda peor nas anteriores), e xa hai moito non gaña nas municipais nas vilas e cidades máis importantes. Nas autonómicas, ademáis da sobrerepresentación fortísima de Lugo e Ourense, vota moita menos xente. Non quero nen pensar na abstención que haberá agora (e non polo PP, eles amarran o voto porque lles vai a vida e a pasta niso, e teñen todos os medios públicos para facelo). Todo esto non muda o resultado final (previsible...), e quizás ainda o fai máis lamentable. Todo se cifra na participación...e quen protesta 4 anos contra o PP, moitos deles, despóis non votan. Así de simple.

2 Gamela

Coidado coa abstención (porque ao final poden pasar cousas coma esta) ? https://twitter.com/00Gamela/status...

3 Xoelho

Gustavo: É verdade que a xente hai xa un tempo que está a votar diferente nas xerais e as municipais do que vota nas autonómicas. As causas non sei ben cales son, mais en calquera caso demostrase grande falta de concienciación, bastante ignorancia dos intereses aos que responden os diferentes partidos e, no fondo, incongruencia. Independentemente da falta de proporcionalidade entre a poboación de cada provincia e o peso que a esas provincias lhes dá o sistema eleitoral. Especialmente a xente do rural é demasiado manipulable.

2 Isolacionista

Normal que gañe Feijoo, o resto son bandas.

1 lamentablemente certo

O peor de todo é que teñas razón! Só se mediosalva o BNG, o resto....unha cuadrilla.... ....pq tan mala é a xestión do PP (que goberna) como da oposición de non conseguir ser unha alternativa decente. A esquerda desparellada por mil partes, e sen haber un centrodereita alternativo e nacionalista en Galicia. (ahí é onde está a verdadeira necesidade de Galicia).

2 Alpinista

Un centrodereita nacionalista? Unha necesidade de quen? Primeiro, que é iso de 'centrodereita', cando o PsoE en política económica é dereita pura--véxase Nadia Calviño--, e os socios do PsoE --a UPG-BNG e PcE-Podemos-- están encantados participando do banquete e colocando asesores. Segundo, se os empresarios que pastan na Rexión Noroeste son nacionalistas españois, xa están representados polo Partido Podre, negocios corruptos dos que participan. Logo, non hai varas para tal cesto da centrodereita galega!

3 Alpinista

Non hai tal demanda de centrodereita galega: viuse con Novagalicia onde ningún empresario apostou pola banca propia (o culpable non foi Feixoo, foron os do capital que residen aquí). Pois, fóra da mente dalgún que soña desperto, non acreditan no país. Nin temos necesidade de explotadores autóctonos, tipo PNV ou CiU que cobre comisión ou coloque amigos en Iberdrola, a empresa que infla facturas aos pobres clientes (hai sentenza!) cos políticos calados e chupando (como fixeron aquí coas preferentes de Caixanova os da 'esquerda' e sindicatos como BNG e CiG, e xa non falemos do PsoE). Non hai raposos autóctonos, nin se precisan... Sobran os foráneos! O modelo cápitalista está esgotado, e con douscentos anos de retraso aínda hai galeguiños que suspiran polo empresario galeguista! Pois non, nin tal nin tampouco a carapuchiña vermella!

4 nostrus

Tu no eres alpìnista, tu eres un pringao empolingrado que no da bajado del guindo, porque de lo contrario no serias capaz de decir tonterias de calibre grueso como que el capitalismo esta agotado. Lo que esta agotado es tu inteligencia debido a que tienes el cerebro sin estrenar. El capitalismo es lo unico capaz de satisfacer las necesidades del ser humano y allá donde no hay capitalismo no hay democracia ni progreso. Reconozco tu derecho a vivir en la inopia y a practicar el papanatismo.

5 Alpinista

Sen capitalismo non hai democracia, di o retrogada Nostruz. E, estimado provocador, sen o comunismo do Leste tería avanzado a democracia occidental de capitalismo regulado (Keynesiano)? E, desaparecida esta 'ameaza', non recuamos en dereitos? E sempre que a democracia se mostrou disfuncional, cando de verdade se fala de redistribuir riqueza e retirar privilexios de clase, os fascistas parades o xogo da democracia liberal e aparece o recurso á ditadura, o que aconteceu tantas veces (desde o teu admirado Franco, agora ameaza Bolsonaro). Con 860 millóns de famentos, e con 10 millóns de mortos por ano, olla como satisface necesidades o teu capitalismo que queima alimentos no lugar de distribuir! A estas alturas, sobre caducidades de sistemas e de ciclos, Nostruz igual podes ler algo de Santiago Niño Becerra, da Universidade Ramon Llull de Barcelona, ou a Boaventura de Sousa desde as de Yale e Coimbra. Por certo, Nostruz, ti que ateneo frecuentaches e que academia segues?

6 Xoelho

Para Nostrus parece que no capitalismo non hai dictaduras, que todo é mundo desenvolvido e que os países subdesenvolvidos son minoría. Parece que tamén pensa que a Unión Soviética nunca foi un_a gran potencia industrial, que foi peor que a Rusia da época zarista ou que o capitalismo garante o pleno emprego, ten estabilidade, carece de crises e non se dedica a montar guerras imperiais polo mundo adiante

7 Xoelho

O tal Nostrus trágase todos os contos e tópicos absolutamente desgastados e aburridos que contan os ideólogos do sistema. Do caduco, antisocial e esgotado sistema capitalista dos collóns, responsable do desemprego, do emprego lixo, da inestabilidade no emprego, dos recortes sociais para non cargar o peso das crises sobre os que máis tenhen, das enormes diferencias sociais, de que 2/3 da humanidade viva na miseria ou na pobreza, das guerras polo reparto do pastel, da ley da selva e, tamén, do cambio climático pola actividade depredadora insaciable e contaminadora e destrutora do medio ambiente.