Detido en Verín cando circulaba de madrugada cun quilo e medio de marihuana

O home, natural de Portugal, foi acusado dun delito contra a saúde pública.

Por E.P. | OURENSE | 08/06/2020 | Actualizada ás 12:34

Comparte esta noticia

Axentes da Garda Civil detiveron no municipio ourensán de Verín a un veciño de Portugal que portaba quilo e medio de marihuana no seu vehículo.

Segundo informou o Instituto Armado, a detención tivo lugar na poboación de Mandín, en Verín, na madrugada deste luns. O home, C.G.T., de 43 anos de idade e veciño de Chaves (Portugal), foi acusado dun delito a contra saúde pública logo que os axentes localizaran no interior do seu vehículo 12 bolsas de cogollos de marihuana cun peso de 1.660 gramos.

As dilixencias instruídas en relación a estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución Número 2 de Verín.

Bolsas con cogollos de marihuana interceptadas no vehículo dun veciño de Portugal en Verín (Ourense).. GARDA CIVIL
Bolsas con cogollos de marihuana interceptadas no vehículo dun veciño de Portugal en Verín (Ourense).. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta