Teatro contra os recortes na educación

A actriz e directora teatral hispano cubana Orisel Gaspar desenvolve en Vigo unha nova proposta escénica levando o teatro á escola.

Por GC Tendencias | Vigo | 18/01/2013 | Actualizada ás 10:56

Comparte esta noticia

A imposibilidade da Escola Infantil de Vigo Rúa Aragón de darlle continuidade ao programa de actividades extraescolares debido aos fondos recortes sufridos nos centros educativos estimulou á actriz e directora Orisel Gaspar a poñer en marcha unha nova proposta escénica.

Orisel Gaspar, actriz e directora cubana
Orisel Gaspar, actriz e directora cubana

O seu obxectivo é que os nenos, a pesares de padecer as consecuencias dos recortes, poidan seguir vinculados á representación dramática. Por iso, levaralle o teatro á escola. "Aínda que non podamos trasladar o edificio, o escenario, as butacas, os panos, as luces e a maxia que estes outorgan a ese espazo chamado teatro, contamos con algo moi importante, contamos coa maxia do actor", suliña Orisel "Así que aquí estou a me pór ao choio para suplir neste colexio esta carencia, pois considero indispensable a presencia da arte no proceso de formación da infancia", apunta.

Boa acollida no centro

A proposta da artista está a ser moi ben acollida polo centro que puxo á súa disposición o espazo da biblioteca para todas as etapas do proceso creativo que está a emprender de maneira independente a actriz e directora teatral.

A próxima semana Orisel Gaspar estará a representar no colexio de Vigo o conto "A min non me comas" de Margarita do Mazo. Utilizando como único recurso a riqueza expresiva do corpo, a actriz exporá á consideración dos pequenos a súa sinxela proposta que defende a importancia do papel que xogan os contos na superación dos medos infantís.

Para desenvolver o seu proxecto Orisel conta coa colaboración especial da profesora do centro Pilar Casal. "Estou a facer unha elección de textos e música de orixes e formas diversos baseada en que os contidos sexan trasmisores de valores esenciais como a tolerancia, o respecto, a protección do natural, a igualdade, a amizade, entre outros temas cardinales na formación do ser humano", engade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta