Continúa vivo o espírito de Leilía

Sacará un libro este ano sobre a súa carreira e coa primeira maqueta que gravou o grupo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/05/2025 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

O grupo Leilía dixo adeus aos escenarios en 2024, tras 35 anos de carreira, cun novo disco e unha xira de despida coa que percorreu o catro provincias galegas. Naquel momento, xa se sabían "conscientes" de que o grupo "morre como entidade que se sobe aos escenarios" pero que pervive "ao formar parte da identidade cultural dun país".

Agora, Felisa, Montse, Mercedes, Patricia, Ana e Rosario, preparan o colofón á súa despedida cun proxecto literario. Segundo avanzaron a Europa Press, despois do verán verá a luz un libro que repasará a historia do grupo e que irá acompañado dun disco que recollerá a primeira maqueta que gravou Leilía, "antecesora" do seu primeiro disco e que bebe das 'recollidas' de cantigas que levaban a cabo, desde moi novos, Felisa e Montse.

O libro escríbeo Ana, membro do grupo e irmá de Rosario, tamén integrante de Leilía.

Grupo Leilía
Grupo Leilía | Fonte: XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta