Médicos chaman a mobilizarse ás portas da Xunta contra "unha sanidade en coma"

Será o vindeiro sábado e piden ós seus colegas que "respeten o distanciamento social" á hora de manifestarse.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2020 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

Das máscaras ás pancartas. Sanitarios de todo o Estado chaman ós seus colegas de profesión a mobilizarse contra "a precariedade laboral" con protestas fronte ás sedes dos respectivos gobernos autonómicos. En Galicia, a convocatoria insta a sumarse á manifestación que terá lugar ante o edificio da Xunta, situado no barrio compostelán de San Caetano.

Protesta dos traballadores sanitarios pedindo máis medios e persoal no hospital do SERGAS na Coruña, o CHUAC
Protesta dos traballadores sanitarios pedindo máis medios e persoal no hospital do SERGAS na Coruña, o CHUAC | Fonte: CIG

O acto, convocado pola Asociación de Médicos Unidos por sus Derechos para as 12:00 do sábado 13, pretende facer unha chamada de atención ás autonomías para que "deseñen presupostos acordes ó que a sociedade merece" e se erradique a "falta de inversión" que nos últimos anos derivou nunha "sanidade en coma".

Fronte a esta problemática, a MUD pon sobre a mesa a necesidade de compensar unha carencia de material e persoal que "fai que os pacientes teñan esperas intolerables para acceder á atención que requiren". Do mesmo xeito, demandan rematar co "menosprezo" que supón elaborar os plans de xestión sen telos en conta, e chaman ó Conselleiro de Sanidade a escoitar as súas propostas no canto de "empregar a sanidade como publicidade electoral para logo olvidala".

Os convocantes da manifestación piden ós sanitarios que decidan seguila que "respeten o distanciamento" de acordo coa fase da desescalada na que se atope cada comunidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta