Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2020 | Actualizada ás 11:03
Un tremor de magnitude 3,3 sacudiu de madrugada a costa do noroeste de Galicia. O epicentro situouse baixa a auga ao norte das costas de Laxe.
De acordo cos datos do sitio web do Instituto Xeográfico Nacional, o sismo rexistrouse ás 2,00 da madrugada deste sábado, a unha profundidade de 15 quilómetros e a unha distancia duns 45 quilómetros do punto máis próximo en terra.
O xoves os municipios ourensáns de San Cibrao das Viñas e Barbadás rexistraron tamén de madrugada senllos terremotos dunha intensidade de 2,4.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.