Unha operación antidroga deixa 31 persoas detidas en Galicia e Castela e León

Nove dos arrestados foron enviados a prisión como xefes de tres grupos criminais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2020 | Actualizada ás 11:02

Comparte esta noticia

A Policía Nacional culminou "unha longa e laboriosa investigación" contra o tráfico de drogas que se saldou coa detención de 31 persoas de ata oito nacionalidades diferentes, en distintas localidades da xeografía galega e de Castela e León.

Segundo informou a Policía Nacional, os detidos foron imputados como presuntos responsables de delitos de tráfico de drogas e de pertenza a grupo criminal. Nove dos arrestados foron enviados a prisión como xefes de tres grupos criminais.

Esta operación, denominada 'Neón', comezou nos últimos meses do ano 2018, cando os axentes centraron as súas pescudas nun dos principais investigados, que rexentaba varios clubs de alterne próximos á capital galega. "Este aproveitaba a relativa privacidade que achega este tipo de negocios para, presuntamente, traficar coa venda de cocaína polo miúdo", destacou a Policía.

A duración temporal, así como a "complexidade" da 'Operación Neón', subliñou a Policía, foi "unha consecuencia directa do modus operandi utilizado polo principal investigado e que consistía en gañarse a confianza dun provedor determinado para que lle deixase a substancia estupefaciente de maneira fiada e, xusto antes de que a débeda contraída co mesmo fóra demasiado elevada, buscaba un novo provedor ao que realizarlle a mesma xogada".

Dito 'modus operandi', indican as mesmas fontes, "facilitou que os axentes seguisen diferentes liñas de investigación, cada unha delas cunha rede de contactos independente e, por conseguinte, sen vinculación directa dunhas con outras, seguindo unha estrutura de tipo radial, que permitiu identificar a presuntos provedores de cocaína en localidades como Sigüeiro, Santiago de Compostela e Ourense".

PUNTO DE VENDA

No municipio de Sigüeiro os axentes da comisaría compostelá desmantelaron "un importante punto de venda de cocaína", que abastecía a clientes de localidades de Sigüeiro, Oroso, Ordes, Cerceda e Santiago de Compostela e cuxas ramificacións estendían o seu ámbito máis aló da xeografía galega.

Así, chegaban ata cidades como León e Palencia, onde xa contactaran con persoas para proceder á distribución da substancia estupefaciente en ditas capitais. Deste xeito, procedeuse á detención de cinco persoas e ingresaron en prisión dous dos "presuntos xefes", sinalou a Policía.

Pola súa banda, na capital galega, os axentes da Comisaría Local de Santiago detiveron a oito persoas, entre eles tres provedores distintos do investigado e xerente dun club de alterne, así como outro provedor e veciño da localidade de Bandeira, pero que os axentes situaban nun chanzo superior aos anteriores.

Catro dos detidos ingresaron en prisión, comprobando os investigadores que dita rama de investigación "dispuña de todo unha armazón para distribuír a sustancia estupefaciente por diferentes barrios da cidade, incluso como a mesma estaba a realizar contactos con persoas en Alemaña, co fin de 'colocar' sustancia estupefaciente no país xermano", asegurou a Policía.

Efectos intervidos a dous detidos por tráfico de drogas
Efectos intervidos a dous detidos por tráfico de drogas | Fonte: POLICÍA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta