Comproenviana.com, un escaparate virtual para os novos tempos

O Concello de Viana do Bolo presentou a web aos negocios e á sociedade o día 18 na casa da cultura. A iniciativa comercial está sendo un éxito pois xa se adheriron 87 establecementos comerciais.

Por X.M. Fernández | Viana do Bolo | 21/06/2020 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A páxina web presentada ten unha vocación dinámica, co cal poden seguir adheríndose todos os comercios e as empresas que o desexen. Así o indica o alcalde de Viana, Secundino Fernández, quen lembra ademais que esta iniciativa é de balde para aqueles que desenvolvan a súa actividade comercial en Viana do Bolo

Páxina web do comercio local de Viana
Páxina web do comercio local de Viana

O obxectivo da web é ser unha referencia para os consumidores, tanto de Viana do Bolo e a súa comarca, como para os/as visitantes e outros que se interesen e contacten dende diferentes puntos do mundo.

Dende o concello afirman que "queremos por o noso gran de area para revitalizar a economía de Viana do Bolo, despois do desastroso impacto económico da pandemia do coronavirus. Agora más que nunca tense que apoiar o comercio local".

A presentación oficial da web comercial contou coa presenza do alcalde, Secundino Fernández Fernández, dos creadores, Cristina Fernandez e Jason Heaver; así como tamén de negocios participantes, veciñas e veciños de Viana.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta