Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/06/2020 | Actualizada ás 18:46
A CIG criticou o proceso de selección que comeza o vindeiro luns para cubrir 42 prazas de técnicos titulados junior en Navantia Ferrol porque serán por vía telemática e non presencial, a pesar de que nas dinámicas de grupo participarán seis persoas.
O sindicato indicou nun comunicado este sábado que, para calquera sindicalista dunha comarca "tan castigada polo paro, é unha enorme alegría" un proceso selectivo, pero este é "moi criticable".
A xuízo da CIG, produciuse "unha pirueta sorprendente" que impide facer as probas presenciais utilizando como "escusa" a pandemia, a pesar de que hai "grupos moito maiores nas terrazas e permítense as verbenas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.