Galicia rexistra unha das caídas máis acusadas da industria en abril, con case unha baixada do 50%

Só foi superada pola caída do País Vasco.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2020 | Actualizada ás 10:54

Comparte esta noticia

As vendas da industria galega esborralláronse un 48,3% en abril en Galicia en comparación co mesmo mes do ano anterior, segundo os datos que publica este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Este retroceso é o segundo maior do país, só por detrás de País Vasco (-50%) e co mesmo descenso que Navarra (-48,3%). A baixada galega é case oito punto máis acusada que a media española (-40,8%). O menor descenso é o de Estremadura.

De tal forma, co impacto do coronavirus prodúcense dous descensos interanuais consecutivos --marzo e abril--, tras os incrementos de xaneiro e febreiro cos que se comezou o ano. No acumulado do ano, entre xaneiro e abril prodúcese unha diminución do 12,2%, neste caso menor que o 14,1% de caída media estatal.

DATOS ESTATAIS

A cifra de negocios da industria esborrallouse un 40,8% o pasado mes de abril respecto ao mesmo mes de 2019, o seu maior retroceso de toda a serie histórica, iniciada en 2002, como consecuencia da crise sanitaria e do permiso retribuído recuperable para actividades non esenciais que provocou unha paralización case total da industria na primeira metade de abril.

Con esta caída, a facturación da industria encadea dous meses consecutivos de taxas negativas, segundo datos difundidos este xoves polo Instituto Nacional de Estatística (INE), que destaca o crecemento experimentado pola fabricación de produtos farmacéuticos, rama que elevou as súas vendas un 5% interanual en abril.

Traballadores da planta de PSA en Vigo realizando tarefas de preparación en Ferraje para a reactivación da actividade tras o parón pola pandemia de coronavirus.. PSA VIGO - Arquivo
Traballadores da planta de PSA en Vigo realizando tarefas de preparación en Ferraje para a reactivación da actividade tras o parón pola pandemia de coronavirus.. PSA VIGO - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta