Denuncian a desinformación que hai sobre os potocolos de seguridade e saúde nos locais comercais

Acouga di que as instrucións ditadas polas administracións son "vagas e inexactas", cunha ausencia total de seguimento ou control dos poucos parámetros establecidos.

Por Galicia Confidencial | A CORUÑA | 23/06/2020 | Actualizada ás 08:35

Comparte esta noticia

A Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (ACOUGA) vén de presentar perante organismos e institucións estatais e autonómicas a aprobación e difusión de protocolos e controis para garantir a efectiva desinfección dos comercios, o axeitado manexo dos produtos necesarios para realizar este labor e a seguridade para traballadores e clientes no acceso e

Tenda de H&M
Tenda de H&M

permanencia nas tendas.

Desde que comezou a fase 3 da desescalada por mor do Coronavirus, ACOUGA está a recibir moitas queixas dos consumidores diante da falta de protocolos e medidas específicas de seguridade no acceso a comercios ou na manipulación de produtos, e sobre todo no sector téxtil, onde se require a proba da roupa.

Como remate desta situación, apréciase unha ausencia total de seguimento e control dos poucos parámetros establecidos.

Nesta situación, ACOUGA decidiu presentar cadanseu escrito perante os ministerios de Consumo e Sanidade, a Comisión Nacional de los Mercados y la Competencia, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), o Instituto Galego de Consumo e da Competencia e a Consellería de Economía.

PROTOCOLOS, CONTROL E INSPECCIÓN

A Asociación reclama a posta en marcha urxente dun protocolo de prevención e actuación coa información necesaria sobre as medidas de hixiene e esterilización dos establecementos e locais comerciais para garantir a seguridade das persoas que os visiten ou traballen neles.

Solicita, así mesmo, que se determinen os procesos oportunos para procurar a hixienización dos locais comerciais e produtos, indicando cales son os sistemas de desinfección válidos, debidamente homologados e certificados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta