Convocadas case 2000 prazas de Enfermaría para o ingreso como persoal fixo a través de concurso-oposición

A convocatoria foi publicada este venres tal e como o trasladou o Goberno galego

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2025 | Actualizada ás 13:03

Comparte esta noticia

A Xunta convocou 1.980 prazas de Enfermaría para o ingreso como persoal fixo no Servizo Galego de Saúde (Sergas) a través do concurso-oposición.

Tal e como trasladou o Goberno galego, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres a resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas coa próxima convocatoria. En concreto ofértanse 1.361 prazas para a quenda de acceso libre, 495 de promoción interna e 124 polo de discapacidade xeral.

Así mesmo, como novidade neste proceso, elimínase o requisito de estar en posesión da nacionalidade española ou dun Estado membro da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo na categoría de enfermeiro.

Neste contexto, as persoas interesadas en participar no proceso selectivo deberán cubrir unha solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (FIDES/Expedient-e/Procesos/OPE).

O prazo de inscrición de participación no concurso-oposición empeza o 14 de xullo e acaba o 5 de setembro de 2025.

Oposicións en Silleda
Oposicións en Silleda | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta