O Colexio de Psicoloxía ve unha medida "electoralista" detrás do bono da Xunta para sanitarios

A organización concorda coa necesidade de adoptar medidas que reactiven a hostalaría e o turismo, pero este bono resulta "frívolo e mesmo "humillante" para os profesionais da sanidade, sinalou.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2020 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia uniuse ás críticas ao bono de 250 euros da Xunta para sanitarios, que cualificou de "desatino" e de medida "de cariz electoralista".

Nun comunicado, o colexio afirmou que é "indignante" tentar compensar deste xeito o labor que realizaron e continúan realizando os traballadores da sanidade pública e dos servizos sociosanitarios durante a crise sanitaria por mor da COVID-19.

Nestes meses, destacou, cumpriron coa súa obrigación "en circunstancias moi precarias" e a defensa da sanidade pública "pasa polo compromiso co seu persoal", con contratos estables, prazas "suficientes" e recursos para desenvolver o seu labor "con garantías".

A organización concorda coa necesidade de adoptar medidas que reactiven a hostalaría e o turismo, pero este bono resulta "frívolo e mesmo "humillante" para os profesionais da sanidade, sinalou.

Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta