Por E.P. | A CORUÑA | 25/06/2020 | Actualizada ás 18:32
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, informou ao alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, do proceso participativo do convenio de transición xusta para Meirama despois de que o Executivo, a través do Instituto para a Transición Xusta, abrise o proceso participativo previo á elaboración do convenio.
"Busca a identificación de posibles proxectos, investimentos e oportunidades de emprego que garantan a reactivación económica desta zona, baseada nun modelo produtivo diversificado e sustentable, xerando novas oportunidades para as persoas, sen deixar a ninguén atrás", explica a Delegación do Goberno.
"O obxectivo é, ante o peche da central térmica de Meirama, manter o emprego na zona e fixar a poboación. Para iso, o Goberno propón a dinamización económica e industrial", remarca o delegado do Goberno.
"Cremos que o futuro son as enerxías renovables, pero tamén pode haber outros proxectos que se adapten a esta zona tan rica", subliña Javier Losada. "Imos ir aos poucos e por iso animo a implicarse ao máximo neste proceso participativo, temos que lograr a reinserción laboral cun futuro verde", sentenciou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.