Falece un home tras envorcar o seu tractor en Ourense

Dúas persoas resultaron feridas nun choque entre dous vehículos no Rosal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2020 | Actualizada ás 21:39

Comparte esta noticia

Un home faleceu este xoves tras envorcar o tractor que manexaba no concello de Castrelo do Val (Ourense), onde se atopaba traballando nunha leira, informou o 112 Galicia.

O aviso do accidente recibiuse ás 18,15 horas a través do 061, que comunicaba que se mobilizou o helicóptero con base en Ourense para atender á vítima. Ata o lugar desprazáronse os servizos sanitarios de urxencia, que só puideron confirmar a morte. Ademais, deuse aviso ao GES de Laza e á Garda Civil, ademais da os bombeiros de Verín.

Por outra banda, dúas persoas resultaron feridas nun choque entre dous vehículos no Rosal (Pontevedra), na parroquia de San Miguel de Tabagón. A alerta recibiuse ás 16,00 horas. Os feitos foron postos en coñecemento dos bombeos de Baixo Miño, os membros do GES da Guarda, Tráfico e Protección Civil. Os feridos foron trasladados a un centro hospitalario.

Un tractor roza nunha leira en Galicia. CEDIDA - Arquivo
Un tractor roza nunha leira en Galicia. CEDIDA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta