Aumentan a 28 os casos positivos na Mariña por coronavirus e os da Barbanza baixan a 7

As probas realizadas na mañá deste luns documentaron tres novos positivos de Covid-19 na bisbarra; 27 infectados permanecen confinados e un no Hospital da Costa en Burela.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2020 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade informou a través dun comunicado de prensa de que, nestes momentos, segundo as probas realizadas na mañá deste luns, confírmanse outros tres casos positivos de persoas afectadas por coronavirus na comarca de da Mariña Lucense, o que eleva a 28 o número total de casos detectados nesta zona.

Hospital de Burela Hospital público da Mariña
Hospital de Burela Hospital público da Mariña | Fonte: AXM

A Consellería de Sanidade leva rastrexado ata o momento “a máis de 300 persoas” relacionadas con este brote e séguense a investigar posibles novos contactos.

(Máis información en Xornal da Mariña )


BARBANZA

Pola súa banda, o foco de COVID-19 detectado na comarca coruñesa de Barbanza descendeu a sete casos activos, ningún dos cales necesitou hospitalización.

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) investigou a máis dun centenar de persoas relacionadas con este foco. As persoas con PCR positiva atópanse en illamento e seguimento domiciliario, mentres que as outras investigadas permanecen en corentena 14 días.

O nove casos deste brote detectáronse nas localidades coruñesas de Ribeira e A Pobra do Caramiñal. Por parte do Sergas apuntouse que a posible orixe destes contagios "pode ser un caso importado desde Brasil que actuou como vector de contaxio sobre un familiar que deu o primeiro positivo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta