Polémica pola prohibición da CRTVG a que os fotoxornalistas retraten o debate electoral

O CPXG respalda ao colectivo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/06/2020 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia respalda ao conxunto do fotoxornalismo galego que lle amosou o seu mal estar pola decisión da CRTVG de non permitir o acceso ás instalacións desta entidade pública, para poder fotografar aos candidatos á presidencia a Xunta de Galicia no debate deste luns.

Protesta dos fotoxornalistas e fotógrafos en Balaídos
Protesta dos fotoxornalistas e fotógrafos en Balaídos | Fonte: c Miguel Núñez

As razóns esgrimidas polo ente baséanse nas restricións sanitarias impostas pola crise do COVID-19. "O colectivo entende estas limitacións, que a diario cumpren de forma estrica nos actos da campaña electoral, polo que non se opoñen a pasar os controis requiridos pola CRTVG para evitar posibles contaxios", apuntan desde o CPXG.

Por iso, o CPXG solicíta á CRTVG, que facilite o labor dos informadores gráficos para garantir o dereito á información da cidadanía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta