Personaliza a túa sardiña virtual e únete a un proxecto no que participan galegos de todo o mundo

A iniciativa de embaixada.gal naceu para achegar á diáspora galega o espírito do San Xoán pero logo se espallou por multitude de centros de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

De Ourense a Xapón e de Malpica a Rusia, xa son máis de 150 "sardiñas" as que conforman o particular 'banco virtual' de Embaixada.gal, cada unha delas cunha mensaxe e un deseño particular. “Estamos sorprendidos pola gran participación nesta iniciativa. Levamos varias realizadas e xa temos outras en curso pero esta foi un pouco caótica pola inmensidade colaborativa pero moi satisfactoria", apuntan dende a organización, nada en 2018 como un crisol para facer converxer a galeguidade da diáspora cos habitantes da terra.

Sardiñada universal de embaixada.gal
Sardiñada universal de embaixada.gal | Fonte: embaixada.gal

Neste caso, a plataforma liderada por Alejandro Plaza e Xosé Lois Lucio tentou achegar á comunidade galega da emigración a unha festividade tan típica como o San Xoán empregando o recurso da sardiña. A idea é que a sardiña "embaixada", ·"tras varios meses confinada nas costas galegas debido ao Coronavirus, decidiu deixarse arrastrar polas correntes dos mares do mundo en busca de amigas coas que compartir e gozar dunha noite tan especial".

Desta sardiñada universal resultan os máis de 150 deseños aloxados no cartaz na páxina, dispoñible para descarga a todos os usuarios. Os internautas tamén poden deseñar a súa propia sardiña para incluíla no muro e unirse a un 'banco' que abrangue varios continentes e tamén múltiples zonas do Estado. Dende a asociación bótanlle humor e fantasía para celebrar unha iniciativa que, en definitiva, pretende "espallar a conciencia da galeguidade polo mundo": "percorremos todos os mares e de cada un deles foi entrando o froito da irmandade. Dende Asia a Europa, dende Europa  ás Américas,  dende Galiza a todo ou mundo. Porque somos e seremos pobo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta