Gonzalo Caballero creará unha consellería de ciencia e innovación de chegar á Xunta

O aspirante socialista á Xunta chamou a unha "mobilización masiva" o próximo 12JX, convencido de que hai unha maioría progresista que quere o cambio en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 01/07/2020 | Actualizada ás 21:43

Comparte esta noticia

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, comprometeuse a crear unha consellería de ciencia e innovación se é elixido presidente da Xunta nas eleccións autonómicas do próximo 12 de xullo.

Gonzalo Caballero lanzou esta mensaxe nun mitin ofrecido en Pontevedra xunto ao ministro de Ciencia e Innovación, Pedro Duque, quen visitou Galicia para apoiar a súa candidatura ao Goberno galego.

Nun acto ao aire libre na Praza da Ferrería, o aspirante socialista á Xunta chamou a unha "mobilización masiva" o próximo 12JX, convencido de que hai unha maioría progresista que quere o cambio en Galicia.

O candidato á presidencia da Xunta do PSdeG, Gonzalo Caballero
O candidato á presidencia da Xunta do PSdeG, Gonzalo Caballero | Fonte: CRTVG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 non son expañol

O que tiñas que buscar era un-ha consellaria artística pois a foto de campaña que che fixeron no branco e negro faite parecer moito o DRACULA DE BELA LUGOSI...