O Porto da Coruña, unha megaobra condenada ao fracaso

A grande infraestrutura impulsada por Francisco Vázquez e Álvarez Cascos está condenada ao fracaso. A competencia de Vigo e Ferrol e erros técnicos impiden que poida ser un porto competitivo a nivel europeo.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 13/02/2013 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A maior parte dos enxeñeiros navais e mariños están convencidos de que o Porto Exterior da Coruña será un fiasco só comparable ao das obras da Cidade da Cultura. Nesta obra, o Goberno español invertiu case 800 millóns de euros nunha decisión que nada ten que ver con condicionantes técnicos, senón políticos.

Vista do porto exterior da Coruña
Vista do porto exterior da Coruña

E é que foron Francisco Vázquez, ex alcalde da Coruña, e Francisco Álvarez Cascos, entón ministro de Fomento e, curiosamente, tamén enxeñeiro naval, os principais muñidores desta obra.  Unha megaconstrución que se xestou logo da traxedia do Prestige e que, a pesares dos informes técnicos negativos, seguiu adiante.

Estudo de Fenosa

Precisamente, o Porto Exterior da Coruña ten un precedente importante. A finais dos anos 70, Victoriano Reinoso, enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos de formación, e entón adxunto ao director xeral e responsable da área financieira de Unión Fenosa, ademais de presidente da Xunta do Porto da Coruña, ordenou realizar un informe sobre a posibilidade de construir un gran porto carboeiro. Naquela época faltaba carbón para a central de Meirama e necesitabase un punto no que descargar a mercadoría e transportala rápidamente. 

O informe, pagado por Fenosa e realizado por algúns dos técnicos máis reputados do momento, concluía que era imposible realizar esa obra. Este documento hoxe está case perdido pero é, probablemente, o máis completo que se realizou sobre as posibilidades técnicas e loxisticas dun gran porto na Coruña.

Precisamente, a estrutura que se construíu na Coruña, e que comezou no 2005, arrastra os problemas que xa detectara o estudo que mandou realizar Victoriano Reinoso; a oscilación da lámina de auga, o tamaño das ondas e a inexistencia de puntos de apoios loxísticos.

Problemas

A lámina superior de auga no interior do porto, que terían que nivelar o movemento dos buques atracados, teñen unha oscilación contínua de 30 centímetros independentemente das subidas e baixadas das mareas. Unha oscilación que fai moi perigoso o manexo de mercadorías e containers con grúas. Ademais, polo tamaño das ondas, cando menos, 70 días ao ano sería case imposible poder entrar ou saír do porto. Ademais, non existe unha ZAL (Zona de Apoio Loxístico) adecuada para o tratamento das mercadorías que cheguen alí.

Segundo as fontes consultadas, para atallar estes problemas serían necesarios outros 400 millóns de euros. Sen embargo, o problema de entrada e saída de porto durante os dias de forte vento de S-SO xa non se pode resolver.

Desde os comezos das obras, a ministra de Fomento, Magdalena Álvarez (29004-2009) opuxose a elas porque os seus principais técnicos, con Fernando Palao, un ourensán que era entón Secretario xeral de Transportes e fora director xeral de Portos, coñecía o informe encargado por Fenosa e outros estudos que desaconsellaban a obra. Pero as presións do alcalde Vázquez e o respaldo dos dirixentes socialistas galegos en Madrid, entre os que estaba José Blanco, conseguiron que a obra continuase.

Aposta por Ferrol

Con todo, e xa coa obra case rematada, non son poucos os enxeñeiros e mariños que desaconsellan este porto. Precisamente, nos últimos anos, o Goberno da Xunta apostou polo Porto de Ferrol na súa ídea de Galicia Porto Único. Tamén a ministra Ana Pastor e o apoio da Deputación --o seu presidente é de Ferrol-- axudaron a potencialo. O pasado ano, os movementos desta central portuaria foron de 13.714.175 toneladas, o que supón toda unha marca histórica cun incremento anual do 13,7%.

A pesar diso, o principal problema de Ferrol segue sendo a conexión ferroviaria. Esa é a súa grande asignatura pendente para o futuro. Precisamente, por falta de boas conexións, perdeu a posibilidade de ser o centro loxístico das mercadorías que veñen de Panamá cara a Europa que, finalmente, será o Porto de Xixón. Tamén Vigo, que apostaba por ser o centro loxístico, quedou sen o concurso. Novamente, a competencia de infraestruturas galegas xogou na súa contra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

9 xos

A alta velocidade, que non o AVE, que son dúas cousas diferentes, pode ser discutible, pero ten unha utilidade moi práctica. Non é comparable ao Porto exterior, que a ver como funciona, e moito menos coa cidade da cultura. Non todo é AVE a Madrid, nin moito menos, no eixo atlántico xa se pode ir de Santiago a Coruña en media hora, a prezos menores que o coche, e nuns anos, de Vigo a Coruña en só 50 minutos. Isto cambiará a percepción urbana de Galicia. Será máis barato que ir pola AP9. Ademáis, posibilitará a utilización exclusiva das liñas convencionais para impulsar as mercadorías, e é imprescindible que se remate o eixo atlántico, para poder ter espacios onde meter cercanías en Vigo e Coruña. Se non, coa vía actual, non cabe toda. Iso si, o megaporto, veremos se é tan útil.

1 ribeiran

Non creo que calquer tren sexa máis barato que a autoestrada.Sempre o poñerán a un prezo similar.E as vias convencionais entendo que as están desmontando(véxase Portas).Ogallá cheguemos a ter cercanías!

2 Lois

Pois o podes creer: o tren de coruña a santiago é mais barato que a autoestrada.O tren "podese " poñer ao precio que se quera. Non se están desmontando " as vias convencionais": estase a facer unha variante entre Vilagarcía e Pontevedra, e atallouse sen pasar por Portas. O futuro é un tren rápido entre Coruña - Santiago- Vilargarcía- Pontevedra e Vigo: Hoxe xa usan ese tren 2.000.000 de persoas ao ano:Eis unha aposta por un transporte público sostible.

3 lois

Tren Coruña - Santiago: 7,05 euros. Autopista: 6,20 euros, máis gasolina ( ponlle outro tanto ) . Home, faciliño botar a conta de cal é opción mais barata.ah, entre Coruña e Santiago a vía do tren pasa moi lonxe de calquer nucleo urbano algo grande ( agás Cerceda, onde xa hai estación) así que non ten sentido nengún servicio de cercanías: en moitos dos apeadeiros que había antes ( por exemplo Gorgullos Tordoia ) nunca subía ninguén, pola sinxela razón de que estaban lonxe de todo.

4 xos

Cos bonos do tren, aínda sae máis barato. O servicio de cercanías será posible en Vigo Pontevedra e Tui cando remate a obra do eixo atlántico polo sur, en Coruña, si que é máis difícil, e precismante o é porque non están levando a alta velocidade na liña Coruña Ferrol, que sería o seu. Repito que o tren vai ser unha mellora considerable en Galicia (iso si, só no eixo atlántico, coma sempre). E a Madrid, pois mira, queiramos ou non, é unha liña que usan miles de galegos, e chegar en tres horas, está ben. Iso si, esa si que vai ser cara de carallo.

8 Hermerico

Que o paguem tod@s @s idiotas que votárom nos partidos que apoiárom esta desfeita

7 omaio

e por riba desfixeron un castro,que era único,porque era onde os ferreiros traballaban as aleacións de metais para o seu comercio de fai 3000 anos,e na obra do porto morreron 5 traballadores,eu espero que o paguén ben pago como máis lles doia e o pior e que o pp so ten parte da culpa ´porque o bipartito tamén a ten.

6 Shin Chan

O Porto Exterior ese non é da Coruña, é de Arteixo.

5 NEGACIONISTA

Moi ben, pois entón pechamos o aeroporto de Vigo, o da Coruña, o porto exterior da Coruña, a Cidade da Cultura e o AVE. Evidentemente como somos persoas racionais temos en conta cousas como que os prezos das autoestradas van seguir disparándose ano tras ano e que o aeroporto de Santiago non ten conexión por tren ou como que cada 10 anos un petroleiro se afunde na entrada ao porto da Coruña e enche de lixo toda a nosa costa. E xa que as caixas quebraron, o Banco Pastor e R foron vendidos, os estaleiros están a caer dun burro, e Citröen tamén, eliminamos as subvencións a La Voz de Galicia e manifestámonos en contra de Gadis. Só nos faltaría prohibir o consumo de cervexa para completar o círculo.

1 Akribéstaton

Círculo, ou roda de moinho é o teu. No que tens razão é que a Galiza desenhada pola oligarquia galega é um absoluto desastre: corrupção e inépcia a partes iguais. Só uma cousa: se o porto do cocinhadoiro é tão importante... porque não estão feitas já as vias de comunicação? Do comboio, sabes algo? Porque no caso de que tudo ficasse em nada polo menos teríamos meios de comunicação.

2 NEGACIONISTA

Oligarquía galega? Ula? Dirás Oligarquía española. Por certo, referendada continuadas veces polo pobo galego. O que si estou certo é que o aeroporto de Vigo, o da Coruña, o porto exterior da Coruña, a Cidade da Cultura e o AVE están e estarán -por lustros- aí e mellor fariamos pensando en solucións para lles dar un uso o máis útil posible que facendo campañas para desacreditalos.

3 Akribéstaton

ENCE, AUDASA, REGANOSA, LVG, antes FADESA, antes FENOSA... são apenas uns exemplos do "bom fazer" dos ricachos de aqui. E que se deriva de que fosse referendada? Que os que estavam em contra da destruição e a arbitrariedade têm que calar??? Muito galaico isso... A política dos factos consumados só teria sentido, só seria aceitável SE ANTES SE EXPÕES AO JUÍZO PÚBLICOS OS RESPONSÁVEIS DESSAS ABERRAÇÕES E SE APRENDE DE UMA ATUP VEZ. Actitudes como a tua não ajudam a isso, a reconhecer abertamente os erros -sobretudo no modus operandi: campanhas, esta sim, pagadas com o dinheiro de todos para favorecer a uns poucos, escurantismo, etc., e intentar aprender deles. Agora diz que aquele referendo amortiça também isto.