A USC, na vangarda do desenvolvemento dunha nova xeración de fármacos contra o cancro

Científicos da USC, en colaboración coa universidade sueca de Upsala e a farmacéutica Sosei Heptares, danlle un novo pulo ao desenvolvemento de fármacos máis selectivos na inmunoterapia do cancro.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 06/07/2020 | Actualizada ás 21:45

Comparte esta noticia

Un paso adiante na optimización de fármacos para a  inmunoterapia do cancro é o novo logro do grupo da USC no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) que dirixe o profesor Eddy Sotelo. En colaboración coa Universidade de Upsala e a compañía farmacéutica  Sosei  Heptares, o artigo, recentemente publicado na revista  Angewandte  Chemie,  describe novos avances no deseño e optimización de fármacos para a terapia do cancro.

Nanotecnoloxía para atacar o cancro
Nanotecnoloxía para atacar o cancro | Fonte: europeanpharmaceuticalreview.com

Deseñar medicamentos máis selectivos, eficaces e seguros é o obxectivo deste grupo de investigación que ten coma obxectivo unha nova xeración de fármacos que están actualmente en estudos clínicos. Trátase dun traballo de colaboración enmarcado no proxecto europeo ERNEST dedicado a “descifrar as bases moleculares que rexen a sinalización dos receptores axustados a proteínas  G (GPCRs) en diversas patoloxías”, explica o profesor Sotelo.

A  adenosina é un potente inmunosupresor moi abundante no  microambiente  tumoral. Moitos tumores conseguen escapar da vixilancia do sistema  inmunitario mediante a activación dos receptores A2A e A2 B de  adenosina. Asemade, o tumor aproveita esta activación para expandirse e  metastatizar. “Por este motivo, o uso de fármacos capaces de bloquear os devanditos receptores permite tanto a reactivación do sistema  inmunitario como a diminución da división e metástase das células tumorais, incrementando a eficacia dos tratamentos”, argumenta o investigador da USC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta