Entrevista a Antón Gómez-Reino: "Se gobernamos, os que máis teñen terán que aportar máis"

O candidato de Galicia en Común-Anova-Mareas está convencido de que o vindeiro 12 de xullo haberá un cambio en Galicia e gobernará un tripartito. Acusa a Feijóo de utilizar os recursos públicos, a CRTVG ou a Xunta, "ao seu servizo como se fora o seu proxecto partidista e persoal". Di que as feridas deste espazo do cambio están pechadas e, a pesar de que as enquisas indican un forte descenso de apoios, está convencido de que serán o motor do cambio.

Por Xurxo Salgado | A Coruña | 10/07/2020 | Actualizada ás 12:32

Comparte esta noticia

Como estás levando a túa primeira campaña como candidato a unhas galegas?

O candidato á Presidencia da Xunta pola coalición Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez-Reino, pousa na contorna da praza de Prataría, durante unha entrevista para Europa Press. Álvaro Ballesteros - Europa Press
O candidato á Presidencia da Xunta pola coalición Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez-Reino, pousa na contorna da praza de Prataría, durante unha entrevista para Europa Press. Álvaro Ballesteros - Europa Press

Ben,ben. A verdade é que  é unha  campaña con enorme responsabilidad tendo en conta como o afronta o noso espazo político, que foi fundamental para cambiar o taboleiro político nos últimos catro anos e agora ten que ser fundamental para acabar coa maioría de Núñez Feijóo. De feito, estamonos xogando estas eleccións nas provincias de Pontevedra e A Coruña e se temos un resultado forte poderemos garantir que haxa realmente un goberno de cambio neste país con políticas progresistas e de esquerdas.

E cres que haberá ese cambio?.... Todas as enquisas están dando que Feijóo bordea ou xa ten a maioría absoluta asegurada. Que opinas?

Din que están moi igualadas e que o bloque da esquerda está moi preto de quitarlle esa maioría. Todo vai depender da participación. Por iso temos que tratar de activar e mobilizar cada voto e que a xente entenda que estas eleccións son as máis decisivas da historia da democracia galega, especialmente, polo momento da pandemia no que estamos. Por iso temos que decidir se este país ten que estar ancorado en politicas de recortes e de corrupción ou se abrimos un novo tempo de defensa dos servizos públicos, da economía produtiva, dos dereitos laborais e defensa da sanidade e educación pública.

Falas do coronavirus. De feito a pandemia marcou estes comicios que, por primeira vez na historia se tiveron que pospoñer. En abril non estaba nada claro que Feijóo revalidase a maioría absoluta, como apuntan agora algunhas enquisas. Cres que a pandemia favoreceu a Feijóo?

(I-D) O vicepresidente segundo do Goberno e líder de Podemos, Pablo Igrexas; e o candidato de Galicia en Común-Anova Mareas para os comicios galegos do 12 de xullo, Antón Gómez-Reino, saúdanse nun mitin. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press
(I-D) O vicepresidente segundo do Goberno e líder de Podemos, Pablo Igrexas; e o candidato de Galicia en Común-Anova Mareas para os comicios galegos do 12 de xullo, Antón Gómez-Reino, saúdanse nun mitin. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press

Feijóo fixo catro meses de campaña electoral ausente das súas competencias, de gobernar. Adicouse a facer campaña electoral cos recursos de todos os galegos, cos recursos públicos, coa CRTVG ao seu servizo e empregando á Xunta como se fora o seu proxecto partidista e case o seu proxecto persoal. Pero hai unha maioría social que quere cambio e se toda esa maioría social vai votar se desmonta ese relato de algúns poderes deste país e do PP que non queren que cambien as cousas.

A Xunta ten gobernado da man de poderes empresariais, económicos e mediáticos

A que poderes te refires?

Aos poderes que levan gobernando este país da man de Alberto Núñez Feijóo moitos anos. É evidente que a Xunta ten gobernado da man de diferentes intereses económicos e mediáticos, que teñen que ver cos nosos recursos naturais, coa privatización de residencias, coa privatización da sanidade ou dos servizos sociais... Todos estes poderes que levan moitos anos recibindo contratos públicos o favor de Feijóo están interesados en que continúe o PP. Pero nós cremos que hai que sacar a Galicia desa postal de blanco e negro do PP e construír unha Galicia que saiba asumir pensando en todos os galegos e os máis desfavorecidos novas ideas e novos retos ante a difícil situación económica que nos vai tocar sufrir.

E nomes deses poderes?

Todo o mundo ten claro que hai poderes económicos, empresariais que son os que levan anos benficiandose de contratos e están moi cómodos con ese goberno de Feijóo.

E se goberna a esquerda, que faredes con eses poderes?, tamén os deixaredes gobernar?

Se a esquerda chega ao poder gobernarán tres forzas que porán a democracia e a Galicia no centro da xestión e gobernarán para os galegos e galegas e non para un conxunto de empresas concretas.

Estas eleccións, como dixemos, están marcadas pola pandemia, pero, o risco segue aí. Que cambios vai traer o coronavirus a partir de agora?

Pois é certo que esta pandemia chegou para quedarse e cambiou as nosas vidas e a nosa sociedade. O que temos que ver é se as vai cambiar no sentido máis regresivo, máis conservador, no que ten que ver cos dereitos civís, como quere facer a dereita e o señor Feijóo, ou se saímos desta crise como está saíndo o goberno progresista do Estado, a través dos servizos públicos, do reforzo da economía produtiva, con medidas sociais para que ningúen quede desprotexido. Por iso nós tamén levamos unha proposta dunha renta galega para axudar aos que máis o precisen e impulsar a economía. Iso é o que nos xogamos. Estamos nun momento no que se está cambiando o modelo de consumo, o modelo exharcebado neoliberal, que se ve que non é o máis oportuno para o planeta.

Insistides moito nesta campaña nun discurso social, sanidade e educación pública, renda mínima, emprego digno. Son estes os vosos eixos programáticos?

As maiores preocupacións dos galegos eran, e agora máis que nunca, a sanidade, educación e desemprego. E se se mira o currículo do espazo común, verase que somos os únicos que estamos traballando para acadar un novo marco laboral, acabar coa precariedade e que a sanidade e a educacións pública e son garantías de proteccion colectiva dunha sociedade e que, ante unha crise como esta, podemos saír reforzados como sociedade e non quedar atrás como lles vai a pasar a outros países.

O camiño non é o austericidio, senón o gasto público

Como se pode facer iso cunha crise brutal?

Pois porque agora hai un consenso de que desta crise non se pode saír como na do 2008, con recortes, austeridade, austericidio, senón pola vía do gasto público e, ademais, vai ser un momento no que todos e todas imos ter que arrimar o hombreiro e neste país quen máis ten sabe que ten que aportar un pouco máis sobre todo, para sanidade pública.

Presénstaste baixo a marca Galicia en Común-Anova-Mareas, tras catro anos moi complidados con En Marea. Foi tamén difícil parir este novo espazo?

Para min foi unha responsabilidade ter conseguido que o conxunto da esquerda transformadora deste país, a máis avanzada e aberta da nosa sociedade, vaia xunta e cun horizonte definido. Ademais, estas eleccións para nós e o ciclo que se abre ten que ser o do cambio. Xa estamos no Goberno do Estado, somos unha forza de goberno, e desde que nacimos aspiramos a gobernar, non para ter poder político, senón gobernar para cambiar as cousas e transformar a sociedade.

Con todo pode haber unha percepción negativa cara o voso espazo logo da ruptura de En Marea que ides en dous espazos diferentes. Tamén pola perda das acaldías do cambio. Por que cres que hai ese descenso de apoio cara a vós nos últimos anos?

Nós fixemos estes últimos anos un proceso de maduración no que, é certo, que puidemos facer as cousas millor pero eu creo que, honestamente, desde que eu entrei na Secretaría Xeral de Podemos hai un ano creo que a situación está xa claramente normalizada. Creo que hai tamén unha consolidación do espazo político tamén no ámbito orgánico e agora hai que axudar, colaborar e empurrar para acabar co PP e conseguir un goberno do cambio, sobre todo, ser a garantía para que ese goberno non sexa continuista e se fagan realmente polítiicas de esquerdas e comprometidas cos traballadores e traballadores, cos autónomos, os pequenos empresarios e moita desa xente que non estivo representada nestes 11 anos de goberno de Feijóo.

Sería poible entón posible un goberno "nacionalista, socialista e populista", como tanto lle gusta dicir á dereita?

Creo que sería a mellor nova para este país, deixar atrás os anos de austoridade e recortes de Feijóo e abriramos un novo tempo diferente cun goberno que, ademais, se pareza a Galicia. Creo que a dereita e Núñez Feijóo sempre tiveron ese tic antidemocrático de tildar alternativas plurais coma un problema. Creo que xa se ve que se pode facer no goberno do Estado, nunha situación complicada, e tendo un horizonte compartido entre as distintas forzas que gobernas co obxectivo de dar certeza e seguridade á cidadanía. Por iso creo que o noso país precisa agora un goberno plural, cun ánima de esquerdas, socialdemócrata e transformadora, e pensado para e desde este país.

Ten que haber criterios transparentes de reparto das axudas públicas

Unha última cuestión que é unha teima persoal que é o reparto de axudas públicas xa que este Goberno de Feijóo está distribuíndo millóns de euros prácticamente a dedo a medios afins, sendo o que máis leva La Voz de Galicia. Ides vos a acabar con este sistema pernicioso ou cando menos o ides regularizar?

Absolutamente. O que hai que facer é rediseñar os criterios cos que se financian medios de comunicación privados en Galicia. Non ten sentido que se dean enormes partidas de normalización lingüística a medios que son case monolingues en castelán. Ten que haber criterios trasparentes de reparto. E logo temos o gran problema que hai que solventar que é a CRTVG. E se eu son presidente comprometereime a impulsar unha CRTVG que diga cando as cousas se fan ben e cando se fan mal. Pero ten que ser autónoma, independente e de calidade e non como agora que está ao servizo de Feijóo.

Atreveste a facer unha quiniela cos resultados?

Eu non son de xogar. Aprendín do meu avó, pero se teño que dicir algo creo que o bloque de esquerdas e progresista terá un deputado máis que o da dereita. E aí son claro, o terceiro deputado da Coruña e o terceiro de Pontevedra van ser de Galicia en Común e vanlle quitar a maioría absoluta ao PP.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta