Condenado o Sergas a pagar 180.000 euros pola morte dun home de Santa Comba que se infectou no hospital

A viúva e fillos esperan que "esta morte non sexa inútil" e "obrigue a adoptar medidas de todo tipo para que non se produzan máis mortes evitables".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2020 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) indemnizará con 180.000 euros a unha familia de Santa Comba (A Coruña) pola morte dun familiar de 70 anos tras unha intervención no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) debida a unha infección hospitalaria.

Segundo a resolución sobre a reclamación de responsabilidade de patrimonial presentada ante a Consellería de Sanidade pola viúva e o tres fillos, recollida por Europa Press, "o sentido é favorable" e estímase "dada a existencia de relación de causalidade entre o funcionamento do servizo público sanitario e o resultado lesivo".

A resolución, asinada pola Consellería de Sanidade con data de 22 de abril de 2020 e notificada o 11 de xuño, considera "adecuado" fixar a indemnización en 120.000 euros para a viúva e en 20.000 para cada un do tres fillos.

A familia do falecido lembrou que os feitos se remontan a novembro de 2017 cando F.B., de 70 anos e veciño de Santa Comba, tras unha lista de espera "de varios meses" foi sometido no Hospital Clínico de Santiago a unha "operación de próstata por unha hiperplasia benigna".

Tras a cirurxía, realizada a mediados de novembro de 2017, o paciente "empeora, evoluciona mal do seu postoperatorio, é ingresado na UCI e falece a mediados de xaneiro de 2018, dous meses despois da cirurxía", indican as mesmas fontes. A familia, viúva e fillos "non están conformes coa explicación que lle facilitan no hospital, estiman que algo ocorreu que non lles contan" e contratan os servizos dun avogado.

Cirurxía nun quirófano
Cirurxía nun quirófano | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta