Empeza 'Atadecer non Gaiás' este xoves co concerto de Fon Román e o aforamento completo

Os concertos celebraranse todos ás 21,00 horas os xoves, do 9 de xullo ao 3 de setembro, e neles está garantida a distancia social, con control de acceso e saída e colocación de pufs, que se disporán na Praza Central da Cidade da Cultura para indicar a distancia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2020 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

O ciclo de concertos gratuítos na Cidade da Cultura 'Atardecer non Gaiás' arrinca este xoves ás 21,00 horas coa actuación de Fon Román, exguitarrista do grupo Os Piratas, para o cal xa están todas as invitacións esgotadas.

O protocolo de seguridade derivado da emerxencia sanitaria esixe que, nesta edición, sexa necesario reservar praza, dado que os concertos están limitados a 180 persoas, con posibilidade de ser o dobre se se trata de convivientes. Ademais, é necesario o uso de máscara.

Os concertos celebraranse todos ás 21,00 horas os xoves, do 9 de xullo ao 3 de setembro, e neles está garantida a distancia social, con control de acceso e saída e colocación de pufs, que se disporán na Praza Central da Cidade da Cultura para indicar a distancia.

Tanto o concerto de Fon Román como os dos próximos do 16 e 23 de xullo de Verto e Xoana, respectivamente, esgotaron as entradas o mesmo día en que se abriu a inscrición. A reserva de praza para o resto de actuacións dos xoves de agosto e setembro --Guadi Galego, Quinteto Nós, dani, Budiño e Son Trío-- abrirase a finais de xullo.

Cidade da Cultura. CIDADE DA CULTURA - Arquivo
Cidade da Cultura. CIDADE DA CULTURA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta