Estabilizado o incendio achegado a zonas habitadas en Pontevedra e controlados os de Soutomaior e Ferrol

Os medios que traballaen Pontevedra son un helicóptero, tres motobombas, tres brigadas e un axente.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 13/07/2020 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

Un incendio declarado ás 15,55 horas deste luns atópase próximo a casas na parroquia do Lérez, no Concello de Pontevedra.

Segundo informa a Consellería de Medio Rural, as casas non corren perigo, mentres o lume queima 0,3 hectáreas e dáse por "estabilizado", polo que aínda non está controlado.

Os medios que traballan na extinción deste lume son un helicóptero, tres motobombas, tres brigadas e un axente.

Pola súa banda, outros dous incendios declarados esta tarde nos municipios de Soutomaior e Ferrol atópanse controlados.

O de Soutomaior iniciouse ás 16,02 horas deste luns na parroquia homónima, mentres foi controlado ás 16,59 tras queimar 0,03 hectáreas de monte raso. Traballan tres motobombas, dúas brigadas e un axente.

No caso de Ferrol, empezou ás 14,50 horas na parroquia de Doniños, mentres foi controlado ás 16,00, cunha superficie de arboledo ardida de 0,15 hectáreas. Colaboran un helicóptero, tres motobombas, catro brigadas e un axente.

Imaxe de arquivo .. EUROPA PRESS - Arquivo
Imaxe de arquivo .. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta