Salva Ballesta culpa aos celtarras de que non o fichen no Celta

Os celtiñas presentan a Abel Resino como novo adestrador para tentar remontar e salvar se do descenso pero non contratan ao seu axudante.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 18/02/2013 | Actualizada ás 21:48

Comparte esta noticia

Abel Resino é o novo adestrador do Celta, pero firma sen o seu segundo, Salva Ballesta, quen declara que  "un grupo minoritario de afeccionados non estaba a favor, por temas políticos, de que fose ao Celta con Abel". 

Salva Ballesta
Salva Ballesta | Fonte: futboldeprimera.es

O ex-dianteiro criticou entre liñas que Abel Resino non condicionará o novo seu posto de traballo á que o Celta firmase ao seu axudante. "Agradézolle ata hoxe ás 13.00 horas a confianza que tivo en min. O que pasou despois é cousa súa, aceptou o seu contrato e xa está. Eu, persoalmente, se me poño a negociar nunha mesa e o meu segundo non asina, eu tampouco asino".

As declaracións chegan despois de que filtrase que o Celta apostaba por Resino para substituír a Herrera, que marcha deixando ao equipo penúltimo e sen coñecer a vitoria en varias xornadas.

Nas redes sociais un sector dos afeccionados criticou duramente a chegada a Balaídos de Ballesta, que publicamente defende ideas nacionalistas españolas. "Son español e morrerei sendo español" declarou hoxe o ex-xogador de Atlético de Madrid e Málaga. Os seareiros máis radicais do Celta, os Celtarras, son de ideoloxía nacionalista galega de esquerdas.

No programa 'Intermedio' Salva Ballesta explicou que "esta mañá tomei o coche moi feliz para ir a Vigo ata que recibín unha chamada do preparador físico, de Miguel Peiró. Díxome que querían falar o mister e o presidente comigo porque había unha situación na que un grupo de afeccionados do Celta non están a favor de que eu vaia para alá".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

10 smooth operator

Fódase o tal Ballesta, quen o precisa? O Celta é o clube que leva o nome da nosa identidade máis prezada e as cores da nosa bandeira (máis a cruz de Santiago e as connotacións que esta tiña nos anos 20). Nada é casual niso, o Celta é o que é: a equipa dos galeg@s. A caspa espaÑoleira no Celta non é benvida e é realmente bon que se saiba isto explicitamente. Nada temos en contra do pobo español, si dos espanolilistas. Parabéns á afección do Celta. Ese é o caminho. Força Celta!!

1 moanhes

Concordo totalmente. É a equipa da Galiza que mais nos representa, é um orgulho que fosse um das duas equipas, junto com o Rayo, que secundou a greve geral no futebol de primeira e agora também negándo-se a ter no seu plantel a um espanholista antigalego. Parabens.

9 born

Os celtiñas? Máis ben será celtistas.

8 carballo1

Moi ben, "ancha" é Castela e o sur para traballar de segundo ou de terceiro ou de palancanero español ou de mamporrero" da devandita cabra-ovella da lexión.

7 eusi

Pobriño, condenado polas suas propias palabras: pois ala, vaite pedir traballo aos españois

6 Lenguda

Detestei infinidade de veces a Celta e Deportivo, sobre todo pola imaxe requetepaleta e chulesca da xentuza que os dirixiron durante estes últimos vinte ou vintecinco anos. Non recordo terme sentido orgulloso do celta dende que levaba a súa camiseta (sen publicidade) a principios dos 80 no colexio, cando os vilegos levaban a do Barça ou o Mandril. Deste vez sentinme moi orgulloso dos siareiros do Celta, recalco, dos siareiros. Graciñas.

1 Gundar

Eu tamén.