Por Galicia Confidencial | Vigo | 18/02/2013 | Actualizada ás 21:48
Abel Resino é o novo adestrador do Celta, pero firma sen o seu segundo, Salva Ballesta, quen declara que "un grupo minoritario de afeccionados non estaba a favor, por temas políticos, de que fose ao Celta con Abel".
O ex-dianteiro criticou entre liñas que Abel Resino non condicionará o novo seu posto de traballo á que o Celta firmase ao seu axudante. "Agradézolle ata hoxe ás 13.00 horas a confianza que tivo en min. O que pasou despois é cousa súa, aceptou o seu contrato e xa está. Eu, persoalmente, se me poño a negociar nunha mesa e o meu segundo non asina, eu tampouco asino".
As declaracións chegan despois de que filtrase que o Celta apostaba por Resino para substituír a Herrera, que marcha deixando ao equipo penúltimo e sen coñecer a vitoria en varias xornadas.
Nas redes sociais un sector dos afeccionados criticou duramente a chegada a Balaídos de Ballesta, que publicamente defende ideas nacionalistas españolas. "Son español e morrerei sendo español" declarou hoxe o ex-xogador de Atlético de Madrid e Málaga. Os seareiros máis radicais do Celta, os Celtarras, son de ideoloxía nacionalista galega de esquerdas.
No programa 'Intermedio' Salva Ballesta explicou que "esta mañá tomei o coche moi feliz para ir a Vigo ata que recibín unha chamada do preparador físico, de Miguel Peiró. Díxome que querían falar o mister e o presidente comigo porque había unha situación na que un grupo de afeccionados do Celta non están a favor de que eu vaia para alá".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.